El valle de la victoria.

En la encrucijada. Cuando se mira demasiado al pasado y no se afrontan nuevos retos, es un claro síntoma de estar envejeciendo. Cierto es que los viejos rockeros nunca mueren. No sé. Aquí estoy, en otra encrucijada. Repasando algunas fotos del archivo me he recreado con ésta, es el retrato de un plácido descenso desde las montañas más duras hasta el valle de la victoria. Y en eso estoy, después de casi dos años sufriendo, estoy llegando por fin al ansiado valle de la victoria, la victoria total y absoluta. ¿Y luego qué?. Ahora a disfrutarlo, y mañana será mañana.

(Foto: Descenso del Col de Peyresourde hacia Loundenvielle, final de la etapa del Tour).

Publicado en General | Deja un comentario

Ruta de Soutolongo organizada por A Peniza.

Hoxe tiven a sorte de poder participar na ruta a Soutolongo. A organización e deseño do roteiro levouna a cabo a asociación de sendeirismo A Peniza. Certamente foi unha xornada moi agradable. O trazado da andaina hai que calificalo de espectacular. Puro sendeirismo. A paisaxe da que disfrutamos estaba formada polas carballeiras, o val do río Asneiro, castros, muiños,  cruceiros e moito máis. O ambiente do grupo tamén fenomenal. Deixo a continuación algunhas fotos que pasado o tempo serán un grato recordo dunha fermosa andaina.

Foto 1

Foto 2

Foto 3

Foto 4

Foto 5

Foto 6

Foto 7

Foto 8

Foto 9

Foto 10

Mapa da ruta:

Publicado en General | Deja un comentario

Costa ártabra.

Hoxe disfrutei dun agradable paseo polos cantís da chamada costa ártabra. Fixen un tramo do roteiro mariñán, o PR-G 87. A paisaxe é espectacular. Cantís, furnas, bufadoiros e o chamado Seixo Branco. Este é unha veta de cuarzo nun cantil batido polo mar. Finalmente tomei fotos do solpor no faro de Mera coa maxestuosa Torre de Hércules ao fondo.

Publicado en General | 1 comentario

Cedeira.

 

Cedeira, qué gran descubrimento.

 

 

Publicado en General | 1 comentario

Acea de ama.

Paseando polos arredores da miña residencia temporal no Burgo, fun visitar o muiño de marea restaurado de Acea da Ama. No seu interior recuperouse a maquinaria desta instalación que data do século XII ainda que con posteriores reformas. O mecanismo parece sinxelo. Sube a marea e embálsase auga. Baixa a marea e sóltase a auga para que mova o muiño.

Turgalicia: Acea de Ama

 

 

 

Publicado en General | Deja un comentario

Reapertura.

Ainda que sigo absorvido por historias profesionais varias,  creo que chegou o momento. Dezarutas volta a camiñar. Reabre este blog para seguir descubrindo xuntos a liña do ceo. Xa ia sendo hora de retornar. Xa vai sendo hora de recuperar a ilusión. Estou de volta. Fareino pouco a pouco.

Ando a descubrir os arredores da miña ubicación temporal. Pasarei catro meses na Coruña. A idea é facer o que teño que facer e disfrutar o que teño que disfrutar. Os meus primeiros pasos por eiquí foron pola ría do Burgo. O río Mero atópase co mar e as veces a mar parece que sobe buscar ao río.

E hoxe cheguei ata o embalse de Cecebre. Xa non queda moito dese bosque animado que retratou Wenceslao Fernández Flórez, pero hai un carreiro dende o Burgo ata o embalse a carón do río Mero. Pontes, Muiños, vexetación de ribeira e un delicioso paseo en bici de montaña de 14 quilómetros de ida e outros tantos de volta ata o Burgo.

Publicado en General | 1 comentario

Futuro.

Parece que al fin soy libre.

No obstante tendré que cuidarme de las hienas y de las piedras que me puedan poner o me encuentre por el camino.

La vida es un triatlón de larga distancia y, pase lo que pase, no hay que rendirse nunca.

Hasta la victoria, siempre.

(Por circunstancias profesionales es posible que no pueda renovar los contenidos de esta página muy a menudo en los próximos meses. Intentaré seguir buscando en la línea del cielo y contar aquí algo de lo que vaya encontrando por ahí. Quisiera agradecer una vez más a todos los que visitais este blog, el detalle de que paseis por la página aunque sea por casualidad, y deciros que gracias a vosotros dezarutas en cuanto a número de visitas pasa por el mejor momento de su historia.)

Publicado en General | 3 comentarios

O Tri Lalín sitúa ao seu equipo entre a élite de Galicia.

Onte no Duatlón de Santiago, o Club Triatlón Lalín loitou de igual a igual cos mellores equipos de Galicia. A quinta posición final por equipos a menos de dous minutos do terceiro escalón do pódium, soupo a pouco pois, de non ser por un inoportuno pinchazo da roda traseira de Paco Mosquera, o equipo do Tri Lalín alcanzaría o pódium na clasificación por escuadras. Moi meritorio foi o debút de Emilio Montilla coa casaca rojinegra do triskel. O de Merza amosou a súa clase e veteranía durante toda a competición e situouse na oitava praza final e segundo na clasificación de veteranos.

Quero dende eiquí agradecer o esforzo e aportación de todos os deportistas do Club pola entrega en cada día de adestramento e tamén nos días de competición.

Publicado en General | Deja un comentario

Andaina a Tellería de Sello baixo a choiva.

Hoxe, domingo 27 de marzo, seguindo co calendario previsto, Entornos Saudables celebrou a ruta a Tellería de Sello. Case cuarenta persoas participaron nesta actividade, aínda que a choiva acompañou aos camiñantes case todo o percorrido. A pesar delo a ruta desenrolouse con normalidade, e os sendeiristas visitaron como lugares de interés o castro de Xaxán, o castro de Goiás, o monte Toxo onde aterrizou Loriga en 1927, a Tellería de Sello, as carballeiras de Cima do Alle, retornando a Lalín polo paseo Pontiñas e pasando por diante da nova casa do Concello. En total a ruta sumou 18 quilómetros.

No castro de Goiás o grupo apreciou a dobre muralla do recinto castrexo e a amplitude do recinto central, o que fai supoñer que este castro foi un asentamento poboacional importante no seu día.

Na visita a Tellería de Sello, que foi no seu día industria próspera na fabricación de tella e ladrillo, os participantes puideron observar o que queda dos fornos de cocción e a laguna que se formou no lugar de extracción da arxila, que hoxe é hábitat de diversas especies de aves.

As rutas continuarán proximamente buscando lugares da rede natura do concello como Zobra e Ameixedo, esperando aproveitar a mellor climatoloxía da primavera e o verán.

 

Publicado en General | Deja un comentario

Andaina a Tellería de Sello.

 

Este domingo día 27 de marzo, celebramos a andaina a Tellería de Sello. As 9,30 da mañá partimos a facer este percorrido dende a praza da igrexa. Esperemos que non chova e ter unha boa ruta.

Na parroquia de Sello está o que queda da antiga fábrica de tellas que existiu alí e que funcionou ata hai case dúas décadas. Resulta curioso este lugar, tanto polas estructuras que aínda se poden ver do que era o forno onde se cocía a tella e o ladrillo, coma pola lagoa que se formou no lugar de extracción da arxila.

Publicado en General | Deja un comentario