Esta fin de semana viaxamos a Asturias. Imos a participar na ruta cicloturista Puertos Esmeralda, que se celebrará o vindeiro domingo. Esta ruta para bicicleta de estrada, ten 104 quilómetros de percorrido. A saída e chegada será na localidade de Nava e percorre a zona e a comarca de Villaviciosa. Estas terras son de cor verde esmeralda e de ahí o nome da ruta. Será unha festa do cicloturismo e unha fin de semana sensacional. Asturias é sempre un placer para os sentidos.

