
Todo disposto. O Club Triatlón Lalín será a estructura baixo a que competiremos na tempada 2009. As liñas básicas de actuación están sentadas. Agora a facer o que realmente nos gusta, adestrar e competir. Creo que este é un grupo de deportistas de calidade. Primeiro moita calidade humana, e logo tamén moita calidade deportiva. Só queda desexar que a saúde e as lesións nos respeten. O traballo adestrando corre da nosa conta. Hai moitos proxectos moi interesantes para facer entre todos. O ano 2009 será un gran ano para todos. Adiante.

¿Que tal che vai….melloraste xa da tua lesion ou sigues escarranchado…..?
Eu aprovetei uns dias de libranzas, para facer unha rutiñas polas terra se Silleda, escuadro- e demais, porque picachesme a curiosidade, e non coñecia nada por ala….
REalemtne quedei alucinado.
Vemonos
Gracias polo teu interés. Veño do traumatólogo e cunha ecografía viron unha pequena rotura de fibras. Pero xa ando con normalidade e, pouquiño a pouco voltarei a ir adestrando ata recuperar a forma perdida e aumentala. A finales de febreiro estarei competindo, seguro.
Esas rutas por Silleda teñen que estar moi ben. A mín faltame por ver moitos recunchos.
Saúdos.
Moito éxito nesa nova empresa. Co deporte como bandeira e coa camaradería dos bos amigos como obxectivo colateral.
Saúdos e bo ano.
Animo coa recuperacion…..eso non é nada
Unha aperta