Inicio > General > Fin de tempada correndo en Santiago. Efectivamente, mellor imposible.

Fin de tempada correndo en Santiago. Efectivamente, mellor imposible.

correo galego 2009

A miña tempada 2009 rematou. O ano dou para moito. Este pasado domingo puxen un bonito final correndo en Santiago. O meu estado de ánimo non era o mellor. Un pouco de melancolía pola tempada que remata e porque a conta atrás vai avanzando ata que un día chegará o fin. Outro ano deportivo que se vai, pero outro virá con novas cousas.

O luns chamoume o meu amigo Txema. Mira o xornal, saes na primeira plana. Qué me dis. Pois a casualidade da foto colleume de cheo. Ahí estou, coa nosa equipación “TRI LALIN”. Lucindo o noso escudo, o triskel. Increíble. A verdade é que decidín sair o máis adiante posible, e menos mal que non caín, porque se me pasa a multitude por riba…

Agora podía escribir sobre o espectacular día de deporte popular que vivimos, podía mencionar a cantidade de amigos que saudei, podía mencionar que os nosos tempos son cada vez mellores. Pero hoxe só quero dicir que me sinto moi contento por seguir adiante, síntome libre, síntome feliz.

Categorías:General
  1. 28 Octubre 2009 en 5:38 am | #1

    Efectivamente, no medio e medio xunto co Nacho de Bertamirans.

    Nas fotos do paso pola praza da universidade saímos xuntos.

    Unha aperta e a por outra tempada tan fructifera como esta.

  2. Paco
    28 Octubre 2009 en 6:13 pm | #2

    Si señor, arriba ese trisquel! Buena carrera Mundi. Ahora a coger fuerzas que la nueva temporada esta a la vuelta de la esquina y los “du” están esperando.
    A mi aun me queda la carrera de San Martiño y la media de Pontevedra. Nos vemos, un abrazo.

  1. Aún no hay trackbacks