Carboeiro.

No medio da natureza exuberante do val do Deza, atopamos ao Mosteiro de Carboeiro. De xeito milagroso, superando diversas atrocidades humanas e o paso do tempo, chegou en pé ata os nosos días. Resistiu os ataques de Almanzor, a desamortización de Mendizábal, o saqueo dos lugareños, a pólvora dos buscadores de tesouros, o abandono das autoridades e agora tenta resistir ao paso da liña do AVE polas súas inmediacións.

A ruta ao mosteiro fíxena co meu amigo Alfonso. Saímos dende Lalín, o quilómetro cero. Xuntámonos ao pé do monumento ao aviador Loriga. Fomos en dirección a Santiago. En Prado desviámonos cara o Corpiño e en Bodaño collemos a esquerda e despois a dereita. Baixamos por Fontao. Alí quedan restos das minas de wolframio. A foto superior ilustra ben o que é ese enclave. O río Deza vai no fondo dun profundo val.

Despois dunha larga baixada, chegamos preto de Merza. Alí está a área recreativa da Carixa, onde hai unha praia fluvial. Nós collemos un desvío a esquerda cara a Silleda. Pasamos por unha ponte sobre o río Deza. Tamén hai un desvío para chegar ao balneario Baños da Brea. Comezamos a subir por unha estrada en bo estado entre as árbores. O río Deza vai quedando pouco a pouco máis abaixo. Vemos a desfeita das obras do AVE.

Desviámonos a esquerda para baixar ao Mosteiro de Carboeiro. Xa baixando, ao lonxe, entre a vexetación se ve a súa silueta. Chegamos ao pé do mosteiro. Temos sorte pois está aberto e hai unha guía que nos explica o que estamos a ver, unha auténtica maravilla arquitectónica feita no medio dunha paraxe natural única.

A simetría, o equilibrio, o xogo da luz entrando polos rosetóns envolven ao visitante de xeito máxico e conmovedor. A nave central foi recuberta cunha estructura de madeira que recrea o que ben podía ser o teito orixinal de pedra. A restauración que se ven facendo do mosteiro, paréceme bastante respetuosa co monumento.

Na foto superior vense as columnas e capiteis en detalle. Debaixo hai unha cripta, pois o mosteiro está construído salvando un desnivel considerable ao pé do río Deza. Nos laterais, unhas escaleiras levan a torre e a cripta. Dende a cima da torre, temos unha vista panorámica fermosísima.

Aínda se conserva parte do sarcófago da tumba dun abad do mosteiro. Os dominios do Mosteiro de Carboeiro eran amplísimos, chegando a ter posesións ata no ribeiro. Este mosteiro competía en puxanza co mosteiro de Aciveiro e de Oseira.

Despois de disfrutar dunha visita breve pero intensa, voltamos a pedalear. Subimos a Silleda e dende Silleda fomos cara a Lalín, completando algo máis de 50 quilómetros de pedaleo delicioso.

Respuestas

  1. Gracias por tus palabras. Perfecto dia de pedal para mi… espero no haber sido un lastre chuparueda!. Animo con el Blog!

  2. Eres un excelente compañero para dar pedales y charlar animadamente. Además vives el mundo de la bici y del deporte de verdad. Gracias por pasarte por el blog.

  3. Al leer una reportaje en el Faro de Vigo, referente a las minas de wolframio, que se referia a la villa de Cruzes, y que tendria sido extraido este minerio en el año 1960 a 1970, me llamó la atención, pues yo nací en Prado/Lalin y viví en esta parroquia hasta los treze años de edad, siempre conocí estas minas siendo del corpiño ayuntamiento de Lalin, y este minerio tovo valor comercial durante la II gguerra mundial ; usado: pabonar armamentos.


Dejar una respuesta

Su respuesta: