Testeiro.

Dentro do sistema de montañas de Galicia, chamado macizo galaico, e máis concretamente formando parte da dorsal galega, están os Montes do Testeiro. Esta dorsal galega é un grupo montañoso sen demasiada altitude, que se extende de norte ao sur de Galicia separando as provincias atlánticas, A Coruña e Pontevedra, das provincias interiores, Lugo e Ourense. Integran a dorsal galega as serras de Xistral (1036m), a Loba, Cova da Serpe (841m), Faro (1187m), os Montes do Testeiro, a serra do Suído e o Faro de Avión ( 1151 m).

Xa falando concretamente dos Montes do Testeiro, pódese decir nun sentido amplo, que son un conxunto montañoso que limita ao norte co val do Deza, ao sur coa serra do Cando, a serra do Suído e o val do río Avia, ao leste co val do río Arenteiro e o Carballiño e ao oeste cos concellos de Forcarei e A Estrada. Dun xeito máis específico, distínguense dentro dos Montes do Testeiro dúas aliñacións montañosas claramente perfiladas, a serra do Candán e a serra do Testeiro propiamente dita, e a parte destas dúas liñas montañosas ben definidas, pódense entender incluídas dentro do conxunto dos Montes do Testeiro outras elevacións nos concellos de Irixo (Froufe e Cruz da Grada), Dozón (alto de San Martiño e Pena de Francia), Silleda (Alto de San Sebastián e Xestoso) e ao norte de Beariz.

Os cumios e cimas máis altas da serra do Candán son: o alto de San Bieito do Candán con 1017 metros de altitude, o monte Coco con 969 metros de altura, o alto da Penadoira con 906 metros e o monte Chamor con 816 metros. Na serra do testeiro está o monte Uceiro 1004 metros (tamén chamado Testeiro) e pena Pixín con 984 metros.

Cando miro pola ventá da casa, vexo ao lonxe os cumes da serra do Candán. Sempre están ahí. Parece que ollan o que facemos por aquí abaixo. Dende sempre me gustou ir por alí. Primeiro fun en bicicleta por aquela estrada vella e chea de curvas e peraltes, con aquel asfalto cuarteado. Agora pasaron os anos, hai unha estrada nova e perdeu a subida algo de encanto, pero eu sigo indo por alí. Ademáis da subida por estrada, sempre me chamou a idea de explorar tamén toda a zona do Testeiro. Sempre había un lugar ao que intentar chegar, uns camiños para explorar ou algún motivo para andar por alí.

Así naceu a idea de facer a Gran Ruta do Testeiro. Xuntar os camiños para crear un percorrido para bici de montaña por toda esta zona, pasando polos seus lugares máis emblemáticos. Foi determinante participar na Ruta do Cogumelo en Soutelo de Montes onde vin a maneira de facer o percorrido de volta, e ademáis coñecin a Julk que foi sempre un animador e valedor da Gran Ruta do Testeiro.

A ruta en imaxes:

1. Punto de encontro, como non, o quilómetro 0 de Galicia, xunto ao Porco.

2. Primeiros tramos preto do río Asneiro.

3. Subida a Nogueira.

4. Chegando a Carrofeito

5. Subindo cara a cima do Testeiro (1004m)

6. Cima

7. Julk baixando cara a Graña.

8. Alto do Coco

9. Devesa do Ameixedo.

10. Outra da devesa do ameixedo na ponte de pedra sobre o río Grovas.

11. Subindo da devesa.

12. Cima do monte San Bieito do Candán (1024m)

13. Fonte en Vilatuxe.

14. Lavado de máquinas.

Perfil da ruta:

- Ano 2006. Primeira edición.

Ademáis dos da foto, estivo Pampín (detrás da cámara).

- Ano 2007. Segunda edición:

Ademáis dos da foto, estivo Julk (detrás da cámara)

- Ano 2008. Terceira edición:

Ademáis dos que saímos na foto, estivo Pampín (detrás da cámara) e Julk que se uneu máis tarde ao grupo.

Respuestas

  1. Tremendo…..
    Eu so fixen dende Vilatuxe a Bustelos, e case non o conto…..
    De calquera xeito estou dacordo contigo en que marca, e deixa a un desexando volver e seguir recorrendo a serra.
    De maneira que eu pola miña parte, vou a seguir subindo. Teño que ver Grovas, Moas, e demais.
    Si podes mandame planos das rutas, porque a informaciòn que circula por ahi adiante, non e nada boa.


Dejar una respuesta

Su respuesta: