Gómez Noya triunfa na primeira proba da Copa do Mundo 2008.

gomez-noya-id_1113_2008mooloolababgtriathlonworldcup2008033020080330_12136.jpg

Francisco Javier Gómez Noya, suma e segue. Esta vez gañou en Mooloolaba (Australia), a primeira proba da Copa do Mundo de triatlón.

Nas declaracións que puiden ler, Gómez Noya estaba especialmente contento con esta victoria, primeira dun europeo na proba australiana, que chegou na semana do seu 25 cumpleanos.

No sector da natación, o noso campeón, foi bastante retrasado. No sector de ciclismo logrou recuperar terreo, e na carreira a pé, estivo, coma sempre, matador, rematando aos rivais que lle quedaban.

Estamos ante un deportista sensacional. Na primeira parte do ano, Francisco Javier, estivo concentrado en Sudáfrica. Tralos primeiros adestramentos participou nunha proba que se organizaba por alí, e gañouna. Igualmente no Duatlón de Santiago, Gómez Noya acadou a victoria; o xesto deste gran campeón, participando nas probas do circuito galego, é de agradecer, porque evidentemente, non ten nada que demostrar, e a súa participación realza o nivel dos deportistas que participamos no circuito galego e incrementa a popularidade e a paixón por este deporte en Galicia. E xa o ano pasado tivemos a fortuna e o privilexio de contar coa súa participación no Duatlón de Lalín, onde estivo moi amable con todos os que o saúdamos.

En definitiva, un gran campeón no deportivo, e unha gran persoa no humano. Todos lle desexamos o mellor nos xogos olímpicos en Pekín.

Imaxes co resumen da proba de Mooloolaba.

Anuncios
Deja un comentario

1 comentario

  1. Segunda prueba de la Copa del Mundo en Nueva Zelanda. Gómez Noya gana otra vez. « Rutas ciclistas y demás.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: