Afinando a forma.

Outro pasiño cara adiante. Os tres mostequeiros bicicleteros, Armando, Agustín e este que escribe, fixemos hoxe unha boa quilometrada. Tiña maquinado un percorrido moi interesante para facer con tres subidas encadeadas, Cruz da Grade, alto do Paraño e Candán. Hoxe convencín aos meus compañeiros e alá fomos. O tempo acompañou e non nos mollamos.

Foron máis de noventa quilómetros. Saímos do quilómetro 0, fomos cara a Xesta e a Cruz da Grade, logo no Irixo collemos a dereita en dirección a Parada de Labiote. Despois duns quilómetros de sube e baixa, comezamos a ascender o alto do Paraño, que se fai longo. Despois baixada ata Soutelo de Montes. De alí a Cachafeiro e collemos a dereita xa en dirección a Aciveiro, Candán, Vilatuxe e finalmente Lalín.

Muscularmente acabei bastante castigado, pero a trancas e barrancas, vamos poñéndonos en disposición de completar con éxito a Clásica dos Lagos de Covadonga. Agustín vai entrando en forma e Armando é un loitador nato. Outro escalón máis superado. ¡Ánimo!.

Anuncios
Entrada anterior
Deja un comentario

1 comentario

  1. Manuel Busto

     /  15 mayo 2008

    Quedan poucos días para a Xuntanza de Agolada. Necesitamos confirmar o número de comensais e contratar o autobús ou autobuses. Se segues con intención de vir, non esquezas facera túa incrición. O prazo remata o 23 de maio.
    De teres algunha dúbida consulta no teléfono 616 581025

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: