Tres artistas triunfando na Clásica Cicloturista Internacional Lagos de Covadonga 2008.

Ao final triunfamos. Os tres -Agustín, Armando e este que escribe- completamos a Clásica Cicloturista Internacional Lagos de Covadonga 2008. Decidimos ir a disfrutar da proba, deixando a un lado, por esta vez, as aspiracións de facer un bó posto e un bó tempo. E abofé que disfrutamos, tendo a sorte de que a choiva nos respetase.

O percorrido é moi bonito. Son 111 quilómetros en total. Tiña este ano a novidade da subida do alto da Tornería que sustituía ao alto do Fitu. Moi bonita a subida da Tornería (perfil), cos dous últimos quilómetros bastante duros, pero era mirar ao lonxe e ver o mar e Llanes ao fondo e o sufrimento levábase moito mellor. Despois o alto da Robellada e finalmente a subida aos Lagos de Covadonga (perfil). A costa da Huesera segue a ser matadora e toda a subida en xeral é bastante cruel e castigadora.

Agustín foi o que tiña mellor golpe de pedal dos tres e subiu tres minutos antes ca min, e pouco despois chegou Armando que decidiu subir con tranquilidade.

Para mín ésta era xa a terceira participación na proba, despois de participar no ano 2005 e no ano 2007. Para Agustín e para Armando ésta era a primeira participación e creo que lles gustou a experiencia. Eu disfrutei dun fin de semana espectacular e retorno de Asturias cargado de ilusión e de moral para afrontar novos retos.

Teño o presentimento de que o ano que ven, volveremos a montar outra expedición lalinense aos Lagos de Covadonga.

CLASIFICACIONES

Anuncios
Entrada anterior
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: