Karpin Galicia. Chegan as victorias.

Todo era ilusión renovada o día da presentación do equipo ciclista Karpin Galicia para a tempada 2008. Algunhas altas e algunhas baixas no plantel, e todos pensando que, neste segundo ano, sería importantísimo que chegasen as victorias. E así está sendo.

– Volta a Catalunya.

Gustavo Cesar Veloso gañou a Volta a Catalunya 2008. O corredor galego foi o mais listo na última etapa, na que aproveitando o desconcerto entre a choiva e a néboa, infiltrouse nunha escapada que non se controlou, e así remontou os escasos segundos de desvantaxe que levaba na xeral. Un triunfo de prestixo nunha volta importantísima.

– Volta a Turquía.

David García gañou a Volta a Turquía.

– Clásica de Alcobendas.

Ezequiel Mosquera gañou a Clásica de Alcobendas. Baseou o triunfo grazas a súa victoria na primeira etapa que remataba no alto de Navacerrada, nun día marcado pola choiva e as inclemencias meteorolóxicas. Ao día seguinte nos sectores matutino e vespertino, o equipo Karpin Galicia controlou a carreira e Ezequiel logrou o triunfo final nesta proba.

Volta ao País Vasco.

Grandísima actuación de David Herrero. Gañou unha etapa, disputou os sprints e fixo posto entre os cinco primeiros case todos os días desta volta. Unha desgraciada caída, cando loitaba por vencer novamente, impediulle disputar as últimas etapas. No seu haber está o mérito de acadar a primeira victoria para o Karpin Galicia.

Volta a Murcia.

Lembro desta volta o tremendo ataque de Ezequiel Mosquera subindo o alto de Collado Bermejo, de primeira categoría. Espectacular. Loita estelar con Valverde, Contador, Garcelli. Ao final collérono, pero o galego deixou ver que é un ciclista de moitísimos quilates. Fixo décimo na xeral final nesta volta.

Tour de Langkawi.

Veloso fixo terceiro na clasificación xeral final nesta carreira exótica que era o debut do equipo no ano 2008. Coller unha escapada nunha carreira case incontrolable pola multitude de equipos participantes con tan só seis corredores cada un, foi determinante. Un gran resultado para empezar o ano.

Anuncios
Entrada siguiente
Deja un comentario

1 comentario

  1. Vuelta 2008. Mucho más que un gran duelo entre Contador y Sastre. « Rutas ciclistas y demás.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: