Preparando o Triatlón de Riazor. A Coruña nos espera.

Este domingo, día 8 de xuño, celébrase o Triatlón de Riazor. Alí estaremos competindo varios dos integrantes do Club Natación Lalín Metal Marine Blumm. Estou ilusionado con voltar a Coruña, e con participar nesa proba na que espero ante todo disfrutar.

Serán 750 metros de natación, un segmento de 20 quilómetros de ciclismo e por último, cinco quilómetros de carreira a pé. A natación na bahía de Riazor e Orzán, a bici polo paseo marítimo cara o Milenium e a carreira a pé supoño que polo paseo marítimo. A Coruña ten para mín sempre un toque especial, e poder estar por alí outra vez será gratificante seguro.

A nivel deportivo, o equipo está ben. Os irmáns Da Torre veñen de competir en San Estaban de Pravia, Asturias, facendo moi boa clasificación. Agustín está moi forte afinando a forma para o seu gran obxetivo do ano, o Triatlón de Zarautz, que pronto vai ser. O resto do equipo tentaremos facelo o mellor posible. Destacar tamén a outros dezanos Miguel Varela que tamén loitarán por demostrar a súa calidade.

Eu espero conseguir rematar a proba, e tentar superar o sector da natación que aínda me costa moitísimo. Estar na liña de saída xa vai ser unha gran satisfacción, e finalizar o percorrido vaime saber case a victoria. Todo o que poida conseguir a partir de ahí fenomenal.

Anuncios
Deja un comentario

3 comentarios

  1. prometeo

     /  4 junio 2008

    Moita sorte a ti a mais a todo o teu equipo. E unha pena, pero o final non poderei acercarme ata a miña cidade para poder darte un pouco de alento que a bo seguro che fará falta, nunha das especialidades mais agonísticas do deporte. Repito, moita sorte, e xa nos contarás en que remata todo eso.
    Unha aperta

    Responder
  2. dezarutas

     /  4 junio 2008

    Gracias polos ánimos. De seguro que na maxia que me transmite A Coruña hai algo da xente auténtica coma tí que viviu alí. Cando esté loitando coas olas estas palabras de ánimo que me escribiches serán de moita axuda. Un saúdo.

    Responder
  3. Vicente

     /  7 junio 2008

    Ola Xose Luís:
    Vou intentar ir ver ese acontecemento deportivo na Coruña. Se logras, como dis, o teu propósito de cubrir as probas, e chegar á meta, para os teus compañeiros blogueiros serás o noso campeón. O máis grande e o máis guapo. Agora que nos afixemos a ter días tan felices como o do 31 en Agolada, ti apuntaraste outro o 8 na Coruña, seino. Para ti, para os deportistas do Deza, e para todos os participantes, que teñades unha fermosa festa. Os miróns xa temos garantida sabendo do voso esforzo e disciplina. Unha aprerta moi grande.
    Vicente

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: