Triatlón de Riazor 2008. Crónica dun día especial.

Eu estaba xa fervendo o víspera da proba, con volvoretas no bandullo. Carguei o material e fixen os preparativos. O despertador sonou as seis da mañá do domingo. E as sete arranquei cara A Coruña. Íame achegando a cidade herculina e as nubes cubrían o ceo, mal augurio. Pero a pesar diso, eu íame animando máis e máis. Foron moitos días tentando aprender a nadar en condicións para poder facer o circuito galego de triatlón. E hoxe era o día da primeira proba. Empezou a chover, pero xa me daba igual. Entrei conducindo polas rúas da Coruña, animado a tope, feliz de voltar por alí. Aparquei preto da saída, e fun mirar o mar. Estaba manso, perezoso, esperando por min.

Riazor e o Orzán diante dos meus ollos. Orballaba. Ao lonxe víase asomar a Torre de Hércules. A visibilidade non era a mellor. Estaban a poñer as balizas bermellas que habería que doblar na natación. Pensei, se non as vexo o mesmo sigo todo recto e aparezo en Londres, remontando o Támesis e todo. Empecei a tratar o tema dos dorsais. Xa estaban Antonio e Iván por alí. Díronme o dorsal. Máis tarde chegarían Agustín e Txiki. Tamén estaba a nova fichaxe do equipo que se estrenaba hoxe. Pasamos un rato de charla animada, saúdando a xente, falando dos novos retos, especulando sobre o estado do circuito, e facendo bromas.

Meto o material nos boxes. Póñenme cun rotulador o número no antebrazo dereito, menos mal que era o 44, se chega a ter tres cifras non me cabe por falta de brazo. Tamén me rotulan a perna dereita, e a rapaza da organización me dí: “rapaz, hai que depilarse”. Chove miudiño, e vai a máis. Xa me daba igual. Pero de repente aparece un claro no ceo coruñés. Coma un pequeno miragre o día abriu e o sol acompañounos xa ata o final do día. Puxen o neopreno e todos fomos para o punto de saída. Tivéronos esperando un bo anaco. Probei a auga. Non estaba moi fría, co neopreno estábase ben. Tardou en darse a saída e empecei a poñerme verdadeiramente nervioso.

Sonou a bocina. Saímos. Saio atrás, non quero cóbados alleos que me machaquen. Ergo a cabeza tralas primeiras brazadas e sorpresa, non vou o último. Non o creo. Collo moral. Sigo nadando. Tropezo con outro participante que ía pola esquerda, pero eu feliz, non estaba último nin descolgado. Funme algo de máis para a dereita para apartar dos golpes. As ondas viñan de fronte e me levantaban. O brazo esquerdo as veces ía ao aire. Traguei auga. Desorienteime algo e fun quedando rezagado, pero cheguei a primeira baliza. Seguín nadando. As ondas me daban pola dereita. Segunda baliza e doblo cara a praia. Custoume orientarme e perdín bastante tempo. Seguin nadando e as ondas me axudaban pois xa viñan pola miña espalda. Saio da auga. Pregunto se son o último e dinme que non. Miro atrás e ainda quedaban dous na auga. O obxetivo de non quedar último na natación estaba conseguido.

Entro no box. Cambiome para coller a bici. Arranco e noto algo cansados os cuadriceps. Pero fun quecendo e na segunda das cinco voltas xa pedaleaba bastante ben. Remontei algunhas posicións na bici, deixando pasar a xente que me ía dobrando. A subida a partir do Milenium era dura, pero non moi longa. Mirar a dereita era un regalo para a vista. O mar, a Torre de Hércules, o paseo. Pero non había tempo que perder. Seguín pedaleando forte. Rematei os 20 quilómetros de bici, entrei no box e pasei a o sector de carreira a pé. 5 quilómetros superbonitos polo paseo, subindo pola zona do Milenium e volta polo mesmo sitio.

Cheguei a meta no posto 114 de 120 que lograron terminar. Acabei moi satisfeito coa miña actuación. Sendo tan “nulo” na natación polo menos rematei a proba e non quedei último. E o máis importante, disfrutei moitísimo. A proba é preciosa. O ano que ven, se a saúde me respeta, volvo seguro.

Quedamos séptimos por equipos. Antonio fixo entre os vinte primeiros e agora irá a clasificarse para o campeonato de España a Vigo. Iván necesita algo máis de bici, pero o fixo moi ben. Agustín está listo para o triatlón de Zarautz. Txiki despois de xogar a final da Copa Galicia de Rugbi a víspera, fixo un bo recorrido. O noso debutante, debutou con nota e sacoume uns segundiños.

Estamos a espera de ter as clasificacións definitivas e engadiremolas eiquí.

CLASIFICACIONS

Pola tarde aproveitei para comer e pasear pola Coruña un pouquiño.

A praza de María Pita.

A Mariña

A Torre de Hércules, proposta para patrimonio da humanidade.

Milenium e Torre de Hércules ao fondo.

Anuncios
Deja un comentario

2 comentarios

  1. Manuel Busto

     /  9 junio 2008

    Noraboa. Ten moito mérito, sobre todo se en natación aínda estás a aprender.
    E ademais quedaba o premio de pasar o día en A Coruña.
    Unha aperta, X.L.

    Responder
  2. Que boa crónica, ¿como consegues lembrar tódalas sensacións, co choio que da xa rematar na meta…

    NOraboa,porque dende logo +s triatletas andades noutra dimensión por riba d+s mortais.

    TEño un colega na Guarda, que fixo unha aventura moi chula o ano pasado: REcorrer en bici toda Galicia contando contos, chegando a stgo o 25 de xullo: http://avoltascoscontos.com/.
    Tamén organiza un CErtame super chulo en Valença do Miño, recreando a chegada de Napoleón (o cruce do río é onde cruzou, o lugar onde se asentou o exército…)

    SAúdos, e a seguir

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: