Triatlón de Pontevedra. A conquista de Pontus Veteris.

Onte, o equipo do Club Natación Lalín Metal Marine Blumm, participou no Triatlón de Pontevedra. Baixo un sol abrasador, os componentes do equipo batímonos con dureza contra os demáis equipos participantes.

En primeiro lugar, hai que destacar o 12º posto que acadou Antonio González Da Torre. Sensacional. Saíndo da natación entre os primeiros, cun tempo en torno a nove minutos, fixo tamén un bo sector de bici e de carreira, se ben no sprint final a cousa puido mellorarse. Pero un 12º posto é estar entre os mellores.

Destacar tamén a actuación de Agustín Crespo, que ven de competir en Zarautz e polo tanto atópase nun bo estado de forma. Fixo entre os coarenta primeiros postos. Saíu da auga en doce minutos aproximadamente e na bici fixo das súas.

Victor vai entrando na competición. Aínda lle queda para estar forte, pero agora no verán subirá de forma.

Os demáis fixemos o que puidemos.

Dende o meu punto de vista, a cousa foi que, cheguei cedo para mirar o “campo de regatas”. Tiña un pouco de inquedanza por saber cómo sería nadar no Lérez. A cousa foi ben. Atopeime cómodo na auga, sen temor a que me pasase nada. Sonou a bocina. Escomenzábase a nadar río arriba, e a corrente parecía dificultar algo o avance. Orienteime un pouco mellor para chegar e dobrar as boias, nadei con máis continuidade. E finalmente non saín o último deixando atrás a dous participantes, eso sí cun tempo penoso de 19 minutos. Na bici remontei varias posicións e disfrutei atacando. Na carreira collín un ritmo aceptable.

Resumindo, outro día divertido de triatlón, e algo de melloría a nivel individual.

En canto estén dispoñibles engadirei as clasificacións eiquí.

CLASIFICACIONS

Anuncios
Deja un comentario

1 comentario

  1. Vicente

     /  23 junio 2008

    Xosé Luís, veño seguindo as túas crónicas poético-deportivas, e estou admirado. Como se enteren no Marca ou no As, tes unha columna diaria asegurada, coido.
    Nada, que xa me fixen un adicto a túa literatura trialonera.
    ¿Despois de Pontevedra a onde nos levas? Agardo impaciente…
    Un saúdo,
    Vicente Montoto

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: