Volta ao Deza.

Hoxe logrei facer un gran adestramento coa bicicleta de estrada. Tiña necesidade de facer un percorrido largo. Decidín insistir unha vez máis e tentar facer a ruta que eu chamo Volta ao Deza. A primeira vez que probei este ano a facer esta ruta, non me vin con forzas por mor dun proceso catarral que me tivo algo parado e fixen menos quilómetros. A segunda vez ía ben, pero un pinchazo deixoume tirado no quilómetro 75 pois esquecera na casa a cámara de reposto. Pero hoxe logrei facelo.

Foron 110 quilómetros. A climatoloxía foi ideal, nin frío nin calor, algo de vento pero non demasiado. E disfrutei sentindo o meu corpo adaptándose as esixencias do percorrido. Tamén disfrutaron os meus ollos escudriñando os hourizontes que se me ían aparecendo, foi unha auténtica apoloxía da paisaxe. De forzas fun bastante ben, ainda que sin facer alardes destacables.

Saín de Lalín, dirección Santiago. Pasei por Prado. A esquerda víase no hourizonte o Candán. Cheguei a Silleda, e ao saires do casco urbano, outra vez a esquerda víanse os outeiros da zona de Xestoso. Seguín cara a Bandeira. Logo a Merza, e baixando cara alí disfrutei do val do Deza. Subín a Vila de Cruces a bo ritmo. Logo fun cara Agolada, e nese treito disfrutei ollando dende o alto, o val do Arnego ao seu paso por Carmoega. De Agolada fun cara Rodeiro, e o monte Farelo saudoume dende lonxe. Entrando en Rodeiro, a capital de Camba, víase ao lonxe, maxestuoso, o monte Faro que me miraba dende as alturas de forma despreciativa, case retándome (xa caerás este ano tamén, pensei). De Rodeiro subín o alto da Rocha e desvieime alí cara a terras de Dozón. A pena de Francia, dende o alto, foi testemuña do meu paso. Nun tramo cara a Gouxa, a sombra dunha carballeira cubría a estrada pola que ía pasando a bo ritmo, e unha águia fixo douscentos metros ao meu carón, apenas a 25 metros enriba da miña cabeza. Cheguei a Gouxa, logo emboquei a nacional 525, subín ao alto de San Martiño, pasei por Dozón, e finalmente cheguei a Lalín.

Cubrín o percorrido en torno a 4 horas, facendo unha media de 27 quilómetros por hora. Disfrutei novamente, sentindome ciclista.

Perfil da ruta:

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: