Ruta Rías do Morrazo.

Hai dous anos estaba inscrito para participar nesta ruta cicloturista. Pero o falecemento do meu abó fíxome estar ausente naquela liña de partida. Este ano vin a posibilidade de estar nesta ruta que me parecía moi apetecible e alá fun. Non me importou que o víspera pola tarde participara no Triatlón do Miño. Cando o corpo está en forma, recúperase dun día para outro.

A ruta non me defraudou. As primeiras pedaladas fíxenas con algo de desgana, pero pouco a pouco o corpo foime dando bos sinais. Na subida ao alto do Lago de Castiñeiras non tuven malas sensacións e subín bastante ben, ainda que un sempre quere máis e gustaríame ser quen de subir aínda moito mellor. Despois aínda subimos ao mirador do Castro. Neste mirador estaba o avituallamento. As vistas panorámicas sobre a ría de Vigo e a de Pontevedra eran certamente espectaculares dende ese mirador. Despois continuou o percorrido e voltamos cara a Moaña e subimos ao mirador de Fraga (foto inferior). Esta segunda subida era menos dura, pero tamén subín a bo ritmo. Disfrutamos doutra preciosa vista panorámica. Finalmente reagrupados, voltamos a Cangas do Morrazo completando en total 95 quilómetros.

Decidín xantar en Cangas e darme unha pequena homenaxe. Degustei unha ensalada mixta e un exquisito rodaballo con fideos. E pola tarde aproveitei para visitar o cruceiro de Hio e cheguei preto de Cabo Home ata onde se podía ir en coche por asfalto. O lugar préstase para facer unha nova visita e andar polos carreiros que levan a esa punta.

O cruceiro de Hío é impresionante. Tiña escoitado falar del, pero nunca o vira directamente. Fixen unhas cuantas fotos. Visto de preto sobrecolle a alma, sexa un relixioso ou non. Mirando algo por internet leo que está feito nun só bloque de pedra, que na súa basa están as ánimas do purgatorio, no fuste refléxase a expulsión do paraíso de Adán e Eva, e na cruz represéntase o Descendimento, contendo as figuras de Cristo con dous homes que o descolgan a cada lado da Cruz, Magdalena, Nicodemo, Xoan de Anmetea, San Xoan e a Virxe María. É obra do escultor pontevedrés José Cerviño que o fixo sobre o ano 1872.

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: