Chedas e o señor Antonio.

Hoxe dín unha volta coa bicicleta de montaña. Fun ao lugar de Chedas. Alí está unha casa grande que aparece no libro de casas e moradas fidalgas do Deza. Está nunha fondura. Detrás vése o couto de Zobra. Nunca fora ata ese lugar. Sempre miraba o val dende a cima e me dicía, xa baixarei algún día. Hoxe por fin fun ata alí.

En Chedas vive só unha persoa, o señor Antonio. Hoxe saudeino. Falou un anaco conmigo. Eu escomencei a mirar o panel informativo que puxeron os do Concello co tema do museo da paisaxe. O señor Antonio dixo que o panel informativo non lle parecía mal, pero que o que tiñan que facer era rozar os camiños. Tamén comentou cando hai anos veu Sancho Gracia rodar alí unha película, que creo que se chamaba “fuxidos”. Eu pregunteille qué tal se pasaba en Chedas o inverno, e respostoume que había leña bastante. Díxome que tiña 77 anos e tres fillos que o ían visitar polos fines de semana.

Tamén vin algunha barbaridade das que fixeron coa concetración parcelaria en Vilatuxe. Non me extraña que falen de meter a paisaxe nun museo, coma se fose unha reliquia ou un recordo. Entre parques eólicos, parcelarias, lumes e demais atrocidades, dentro de pouco non vai a quedar nada.

Anuncios
Deja un comentario

2 comentarios

  1. O señor Antonio é como un robinsón nunha aldea onde vive el só. Seguro que se aprenden muitas cousas falando co el.

    Responder
  2. Tienes toda la razón al decir que hay que “meter o paixase nun museo”. La civilizacion, el desarrollo y el crecimiento económico, están destrozando el mundo natural y el tinglado de Kioto para contener el efecto invernadero es todo una mentira… De los firmantes del protocolo no cumple ni el primero.

    En cuanto a la situación del sr. Antonio, es la tónica común del rural gallego y no gallego tambien, pero la dispersión poblacional hace que en nuestra tierra se acentúe.

    Me recordó un anaquiño al sr. Cayo, aquel de la película “El disputado voto del sr. Cayo”. Un paisano que vivia sólo en una pueblín, y fueron los políticos en campaña electoral a convencerle para conseguir su voto y que su pueblo progresara… Mientras él escuchaba y daba argumentos para no necesitar cambio alguno.

    Salud amigo y suerte en tu Gran Ruta do Testeiro. En esas fechas estaré en León.

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: