De ruta con Alfonso por Carboeiro.

Hoxe saín a pedalear en compañía de Alfonso. O día foi ideal, pois a mañá foi abrindo ata que triunfou o astro rei. Fomos pedaleando tranquilamente e conversando. Alfonso é un gran compañeiro e un gran conversador que sempre apunta detalles moi interesantes. Somos os dous uns entusiastas da bicicleta, do triatlón e do deporte en xeral. Ademáis Alfonso é un seguidor de este blog, algo que lle agradezo e que me honra, pois esta bitácora pretende ser un punto de encontro entre amigos.

No medio da natureza exuberante do val do Deza, atopamos o Mosteiro de Carboeiro. De xeito miragroso, superando diversas atrocidades humanas e o paso do tempo, chegou en pé ata os nosos días. Resistiu os ataques de Almanzor, a desamortización de Mendizábal, o saqueo dos lugareños, a pólvora dos buscadores de tesouros, o abandono das autoridades e agora tenta resistir ao paso da liña do AVE polas súas inmediacións.

A ruta ao mosteiro fíxena co meu amigo Alfonso. Saímos dende Lalín, o quilómetro cero. Xuntámonos ao pé do monumento ao aviador Loriga. Fomos en dirección a Santiago. En Prado desviámonos cara o Corpiño e en Bodaño collemos a esquerda e despois a dereita. Baixamos por Fontao en dirección a Merza. Alí quedan restos das minas de wolframio. A foto superior ilustra ben o que é ese enclave. O río Deza vai no fondo dun profundo val.

Despois dunha larga baixada, chegamos preto de Merza. Alí está a área recreativa da Carixa, onde hai unha praia fluvial. Nós collemos un desvío a esquerda cara a Silleda. Pasamos por unha ponte sobre o río Deza. Tamén hai un desvío para chegar ao balneario Baños da Brea. Comezamos a subir por unha estrada en bo estado entre as árbores. O río Deza vai quedando pouco a pouco máis abaixo. Vemos a desfeita das obras do AVE.

Desviámonos a esquerda para baixar ao Mosteiro de Carboeiro. Xa baixando, ao lonxe, entre a vexetación vése a súa beleza. Chegamos ao pé do mosteiro. Temos sorte pois está aberto e hai un guía que nos explica o que estamos a ver, unha auténtica maravilla arquitectónica feita no medio dunha paraxe natural única.

A simetría, o equilibrio, o xogo da luz entrando polos rosetóns envolven ao visitante de xeito máxico e conmovedor. A nave central foi recuberta cunha estructura de madeira que recrea o que ben podía ser o teito orixinal de pedra. A restauración que se ven facendo do mosteiro, paréceme bastante respetuosa co monumento.

Na foto superior vense as columnas e capiteis en detalle. Debaixo hai unha cripta, pois o mosteiro está construído salvando un desnivel considerable ao pé do río Deza. Nos laterais, unhas escaleiras levan a torre e a cripta. Dende a cima da torre, temos unha vista panorámica fermosísima.

Aínda se conserva parte do sarcófago da tumba dun abade do mosteiro. Os dominios do Mosteiro de Carboeiro eran amplísimos, chegando a ter posesións ata no ribeiro. Este mosteiro competía en puxanza co mosteiro de Aciveiro e de Oseira.

Despois de disfrutar dunha visita breve pero intensa, voltamos a pedalear. Subimos a Silleda e dende Silleda fomos cara a Lalín, completando algo máis de 50 quilómetros de pedaleo delicioso.

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: