Peregrinando a cima do Faro.

Onte cumplín coa tradición de estes últimos anos. Todo o ano ollando dende lonxe o cumio do monte Faro, decíndolle co pensamento que este ano tamén había de ir por alí. No inverno fai moito frío para subir en bici, o único subir en coche a xogar coa neve cando a hai. Pero agora que estamos no medio do tórrido verán era o momento.

Coma nestes dous anos anteriores, preparei un menú de varias subidas encadeadas. A cousa foi subir e baixar facendo unha auténtica serie de dentes de serra que se ve no perfil. A partires da unha da tarde a calor golpeoume ben, e a dureza do percorrido engadiuse un sol abrasador e case perigoso, en especial sobre as dúas da tarde que foi cando estaba chegando de volta.

Saín de Lalín, quilómetro cero. Fun a Vilatuxe, logo a Saborida. Desvieime a dereita polo Espiño, disfrutando da paisaxe das Liñeiras e Chedas. Fun por Carballeda. Forte baixada e segunda subida ata a Ermida. Baixada ao Irixo. Subín cara a Dozón, pero desvieime polo alto de Marañís. Baixei ata o Reino. Pasei por Piñor. Logo por Cotelas e Oseira. Subida outra vez cara a Pobadura. Baixada cara a provincia de Lugo, e chegado a Comezo, empezou a nai de tódalas subidas, o alto do Faro, ata a ermida.

Comezo, Xilán de abaixo, Xilán de arriba. A peregrinaxe ata o cumio empezaba. Requeixo. Desvío a dereita. Apreto os dentes ao ver o lugar de Fontela. Durísima rampa de máis do dez por cento durante case seiscentos metros. Empezo a pagar a peaxe por pasar por alí en bici, o prezo é pura agonía. A subida non da descanso. Sigo subindo e sufrindo. Chego ao monolito onde está grabado o poema “noite nas beiras do Faro”. Entro nunha zona de sombra entre pinares. Cada vez se vé todo máis abaixo. Na área recreativa, a sombra, a xente está a disfrutar do churrasco. Chégame o aroma das barbacoas, e penso, qué tolo estou. Pero esto é o que me gusta, así que xiro a esquerda e sigo subindo. Entro na zona da balconada. Voy suando coma un pito. Pero ollo a esquerda e vexo, aló ao fondo, as terras de Chantada, da Ribeira Sacra, de Lugo, e se me fixara vería ata o Courel e os Ancares (vin unha foto no blog aqualatam cunha explicación completa). Non me dan os ollos para abarcar toda esa beleza. A subida xa está feita. Paro un anaco na fonte a encher o bidón de auga fresca e presentalos meus respetos a Virxe do Faro. Miro tamén un pouco máis os horizontes espectaculares que se albiscan dende alí. Qué gozada. Continúo. Cen metros de subida e estou na cima a 1137 metros de altitude. Outro ano máis que lle aguantei o pulso ao Faro. Ogallá siga esta pequena tradición persoal.

Baixo. Novas paisaxes espectaculares, pero agarro ben o manillar, pois non é cuestión de irse por un barranco abaixo. Sigo cara Rodeiro. Logo a Lalín. Remato con 103 quilómetros feitos e 5 subidas puntuables. Case 2300 metros de subida acumulada.

Perfil:

Paisaxes:

Anuncios
Deja un comentario

2 comentarios

  1. Bonita tradición… Esa si que é unha etapa interesante. Lembro ben a subida xa facela “en directo” semellaba un alarde, facelo con aperitivos é unha tarefa ó alcance de poucos.

    Boas xeiras.

    Responder
  2. Mui boas fotos as deste posteo e o anterior.

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: