Puxallos.

Hoxe saín a dar unha volta a ritmo suave na bici de montaña. Escollín un percorrido sinxelo e bastante bonito. Fun dar a aldea de Puxallos. Hai alí poucos veciños, pero vése algunha casa nova. Ten unha pequena capela adicada a San Roque. Pasa por alí a Vía da Prata que entra no concello de Lalín polo alto de Santo Domingo e o seguinte lugar polo que pasa é Puxallos. Foron 25 quilómetros de dificultade baixa, exceptuando parte da subida ata Puxallos onde hai unha tremenda rampa de case un 20%.

Levei conmigo a cámara de fotos e aproveitei para facer un pequeno “safari fotográfico”:

– Saída de Lalín, coma sempre dende a placa que marca o quilómetro 0 de Galicia. Subín pola praza da igrexa. Fotografiei o monumento adicado ao astrónomo Ramón María Aller Ulloa.

– Continuei cara a Lalín de arriba. Pasei pola rúa Monte Faro. Deixei a dereita a igrexa medieval. Seguín pola estrada de Rodeiro. Fun pedaleando tranquilamente pola vía de servizo.

– A cousa iba en subida, e ao ir gañando altitude empezanse a disfrutar de vistas coma esta:

– Xa case na cima, preto de Maceira, outra bonita vista cara o nacente.

– Deixei a vía de servizo e entrei nun camiño amplo pola cima do monte en dirección a Catasós:

– A dereita hai moitos camiños que baixan, e algún deles, leva a carballeira de Quiroga. Pero desta vez, collín a esquerda en dirección ao Sixto.

– Seguín adiante polos camiños do monte de Catasós. Hai planificado un novo polígono industrial que pode destrozar todos estes vieiros. Veremos a ver o que nos queda. Pasei por un camiño estreito casi pechado polas silvas. Logo novamente a esquerda en dirección ao Sixto.

– Cheguei a unha intersección de varios camiños. Había tres alternativas para escoller. Fun a dereita en dirección ao Pozo Negro. Pasei sobre un pequeno regato. Cheguei preto da estrada N-525, pero baixei por un terraplén con bastantes silvas, pero dábase baixado. Cheguei ao auténtico e xenuino Pozo Negro. Pasei por unha vella ponte sobre o río Asneiro. Hai un remanso no río, e a poza debe ser dunha gran fondura. A superficie da auga vese totalmente negra. Fixen unha foto pois este é outro dos meus lugares favoritos.

– A partires de ahí, un tramo pola estrada vella e forte subida ata Puxallos. A ruta é moi levadeira, a excepción de esta parte que ten 500 metros dunha durísima subida. O reto e subila sen baixar da bici. Case o tiña feito, pero a cadena saliuseme e tiven que botar pé a terra. Aproveitei para mirar atrás e facer esta foto:

– Despois desta subida, éntrase nun tramo de asfalto a sombra das árbores, ata que se vai vendo xa a capela de San Roque. Estamos en Puxallos.

– Despois de facer unhas fotos a capela e a un cruceiro que hai por alí, continuei o percorrido seguindo a Vía da Prata. A saída de Puxallos hai outra vista preciosa.

– Collín velocidade baixando pola vía da prata. Pasei por riba da autoestrada por unha ponte. Logo seguín baixando entre as árbores. Preto da aldea de Ponte Noufe, topei a dous peregrinos e saudeinos desexándolles bo camiño. Cheguei a Ponte Noufe e continuei pola vía da Prata. Hai preto do Barreiro un tramo fermosísimo polo que me encanta pasar. Lembro cando viña dende Mérida a ledicia que levaba por aquí chegando a casa despois de máis de 800 quilómetros en sete días. O tramo é precioso:

– Continuei en subida e cheguei a Xesta, a aldea da miña aboa Dorinda e do meu abó Pepe, que xa finou. Son dos queitanos da Xesta. Aquí vése a entrada no lugar coa capela adicada a Virxe do Carme ao fondo. Recentemente celebráronse as festas do Carme da Xesta:

– Finalmente seguín pola vía da Prata. E en medelo, collín a dereita cara Moneixas. E xa cara a Lalín, retornando novamente ao punto de partida, o quilómetro 0 virtual de Galicia:

Anuncios
Deja un comentario

2 comentarios

  1. Curioso todo.
    Non sabía que o quilómetro 0 estaba en Lalín.

    Responder
  2. dezarutas

     /  26 agosto 2008

    Bueno, o centro xeográfico de Galicia pode estar un pouco máis ao norte. Probablemente en Antas de Ulla. Pero como encrucillada de camiños, poida considerarse a Lalín como a vila quilómetro 0 de Galicia. Ademáis o noso alcalde tivo a habilidade de patentar a marca Lalín quilómetro 0 de Galicia, polo tanto se trata dunha marca rexistrada.

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: