Allaríz. Campeonato galego de triatlón cross.

Onte participei en Allaríz no campeonato galego de triatlón cross. Foron 750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta de montaña e cinco quilómetros de carreira a pé. Acadei o posto 41 dos 50 que lograron finalizar a proba.

No sector de natación, que se desenrolaba nun remanso do río Arnoia, sentinme cómodo. Nalgún momento collín bo ritmo de brazada. Voume soltando pouco a pouco. Impresionante o paso por debaixo da ponte medieval onde se facía o xiro antes de facer o camiño de volta. O sol da tarde daba nos ollos e houbo un momento no que me desorientei un pouco, pero saín da auga deixando a varios competidores atrás, o que para mín é un éxito.

Na bici de montaña das catro voltas, a primeira foi a peor, pero logo collín un ritmo de pedalada e adapteime ben ao percorrido. Había dúas baixadas con posiblidade de caída, e fun con certa precaución. De todos os xeitos non era un percorrido demasiado técnico.

Na carreira a pé fun bastante mellor do que esperaba. Fíxoseme largo o percorrido, que por certo, era moi bonito preto do río e polo casco histórico da vila alaricana. Pasamos por unha ponte do río Arnoia e había unha subida durísima.

En definitiva, diversión nunha tarde de verán en Allaríz.

Na foto que segue vése a ponte medieval e no seu sillar central facíase o xiro no sector de natación para facer o percorrido de volta.

Anuncios
Entrada anterior
Deja un comentario

2 comentarios

  1. Para mín é unha mágoa que trocasen a bicicleta de carreiras pola de montaña debido ás dificultades de organizar a proba ciclista… A natación no Arnoia ten outro punto especial para os non nadadores como é que a temperatura da auga non permite o uso do traxe.

    Si o percorrido da carreira é o de sempre estraname que non comentes da dureza da subida que se fai unha vez que se cruza o rio.

    Vémonos.

    Responder
  2. dezarutas

     /  25 agosto 2008

    A participación da xente nesta proba diminuiu polo troco da bici de carretera pola bici de montaña. De feito hai dous anos este ía ser o meu primeiro triatlón pero quedeime sin plaza por inscribirme tarde. A natación fíxose con traxe de neopreno, que o Arnoia baixa fresquiño, ainda que algún valente non o levou. Efectivamente, na carreira a pé subíase ao pasar unha ponte por unha durísima rampa de cemento e houbo que emplearse a fondo.

    Saúdos.

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: