Puertos Esmeralda.

Este domingo, día 21 de setembro, rematou o verán. E nós puxémoslle un bonito final participando na XIII Clásica Cicloturista Puertos Esperalda. Os da foto somos de dereita a esquerda Julio, Alberto, Javier e este que escribe. Todos completamos os 106 quilómetros de percorrido subindo as catro dificultades montañosas que presentaba o perfil.

Levabamos anos falando de vir a esta ruta e por fin a fixemos. O percorrido e bonito, en especial o paso por Villaviciosa, Llastres, a paisaxe asturiana e a subida  ao alto de Collá de Pandenes. Sen embargo buscabamos algo máis ciclodeportivo e atopamos unha marcha cicloturista na que case todo o tempo o ritmo de pedalada foi controlado pola organización, e nós preferimos os tramos libres onde cada un se esixe a sí mesmo o que considere oportuno.

A fin de semana que pasamos en Asturias foi estupenda. Ademáis de facer a ruta, disfrutamos dunha estancia moi agradable nunha casa de turismo rural que alugamos preto de Infiesto. Tamén probamos a sidra e algo da gastronomía da zona.

Unha vez máis Asturias amosounos o seu encanto. Dende logo os galegos temos moito que aprender dos veciños asturianos. É digno de ver cómo recuperan e manteñen en bo estado os seus pobos e os seus costumes. En especial chámame a atención a restauración das casas rurais, como nesta casona que se ve na foto. O coidado que poñen nesta tarefa é exquisito, empregando case exclusivamente a pedra e a madeira, e respetando as formas tradicionais. Un exemplo a seguir.

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: