Carreira pedestre popular Virxe das Dores.

Gracias ao esforzo e traballo da directiva e dos membros da Escola de Atletismo do Deza, o vindeiro sábado 27 de setembro, celébrarase a VIII Carreira Pedestre Popular Virxe das Dores, memorial Vicente  Agulló. O percorrido da carreira absoluta ten 7,5 quilómetros e se desenvolve principalmente polo paseo do río Pontiñas. Antes da carreira absoluta, correrán os rapaces nas súas diversas categorías. Igualmente vaise celebrar un canicross.

A labor de promoción do deporte que fan nesta escola de atletismo é moi importante. A pesar da total falta de instalacións de atletismo na comarca do Deza, gracias a ilusión que poñen os directivos e colaboradores, este grupo de deportistas vai saíndo adiante. Os membros desta agrupación son habituais das carreiras populares que se fan ao longo de Galicia.

Esta era unha das probas nas que quería estar e tiña ánimo para mellorar o crono que fixen o ano 2007, 32 minutos 30 segundos. Pero resultou que a cita coincide co Triatlón de Baiona, última proba puntuable para o circuito galego de triatlón, e irei a este triatlón. Levo tres meses sufrindo na piscina tratando de aprender a nadar e este triatlón é un test moi importante para ver se experimento algo de melloría como triatleta.

Quero mandar deste este blog un agarimoso saúdo a todos os da Escola de Atletismo Deza, e aos meus amigos “corricolaris” Txema e Fran.

Para os que se animen a participar na carreira popular de Lalín, poden atopar información neste enlace:

www.eadlalin.blogspot.com

Anuncios
Entrada anterior
Deja un comentario

1 comentario

  1. Unha aperta moi forte a todolos participantes, grandes e pequenos.
    Eu este ano non puiden participar….Outra sveces, sempre acabei a proba, dos ultimos, pero xa sabedes que o importante é participar.
    Este ano non puiden estar, e ben que o sinto…

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: