Finalizando a tempada no Triatlón de Baiona.

Onte participamos no Triatlón de Baiona. Esta proba era a cuarta e última do circuito galego de triatlón. Resultou ser este un triatlón novo, creo que era a súa primeira edición. Esto notouse en varios aspectos, e así por exemplo, as distancias na natación non estaban ben medidas e creo que o sector no mar non chegaba a os 750 metros. O mesmo coa bicicleta que eran 17 quilómetros en lugar dos 20 reglamentarios.

En canto a nosa actuación, decir que o nivel do equipo neste final de tempada xa non é o mesmo. Antonio González Datorre, despois dunha boa tempada neste ano, acudiu a Baiona con menos adestramento, pero aínda así fixo sobre os 30 primeiros. Moi ben tamén o seu irmán Iván que chegou pouco despois. Agustín Crespo, o león de Catasós, manifestouse contento coas súas prestacións e a súa actuación. Armando por fin voltou a competir despois dunha tempada na que as lesións non o deixaron rendir ao seu nivel. E a miña actuación persoal foi boa, entendendo que o fixen moito mellor na auga, tamén unha boa bici ,tendo en conta que fun rodando sólo case todo o tempo, e unha carreira a pé moi interesante considerando pouco que adestrei esta parte.

A tempada 2008 de triatlón remata eiquí. Decir que este ano foi de aprendizaxe para mín. Fixen as catro probas do circuito galego e ademáis o campeonato galego de triatlón cross. A miña progresión no triatlón é bastante boa. Espero que o avance continúe a próxima tempada. Creo que podo estar moi contento e satisfeito co meu traballo este ano, e o ano que ven será aínda moito mellor.

Anuncios
Deja un comentario

2 comentarios

  1. Vésevos moi contentos; tivestes un día moi bó.

    O triatlon engancha… Eu porque non teño para mais que apetecer me apetecía; pero teño decidido non federarme e así só se pode participar en ‘pachangas’.

    Vémonos.

    Responder
  2. dezarutas

     /  29 septiembre 2008

    Acabamos de constituir o Club Triatlón Lalín e tes todas as portas abertas para poder vir con nós cando queiras. Anímate. Un saúdo.

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: