V Ruta a Lalín en BTT. Punto final a miña tempada ciclista.

Na foto superior aparece retratado o río Arnego. Esta vista tomeina facendo un tramo do Camiño de Inverno. O próximo domingo por este lugar pasará a V Ruta a Lalín en BTT que nesta edición parece que se suma a promoción de este vieiro alternativo a Compostela.

Un ano máis, e xa van cinco, estarei nesta ruta. Non me perdín ningunha edición, e nas catro primeiras colaborei activamente na organización deste evento que afortunadamente continúa facéndose. O trazado é certamente bonito. Ten 50 quilómetros. A beleza paisaxística e o disfrute están garantizados. A parte inicial irá preto da carballeira de Quiroga e por terras do Sixto. Logo a ruta continúa xa cara a Rodeiro, e a serra do Faro será testemuña do paso dos ciclistas. Despois volta de Rodeiro a Lalín seguindo o itinerario do Camiño de Inverno.

Para a miña tempada ciclista, esta ruta será o punto final. Tal e como organizo os adestramentos, empezo en decembro e remato en outubro. O mes de novembro será de parada biolóxica ou descanso case total para cargar pilas para unha nova tempada. Así, cando pase o arco de meta o próximo domingo, estarei feliz pois me virán ao pensamento os moitos bos momentos que me ofreceu a tempada 2008. Ademáis atoparei a moitos bos amigos cos que disfrutei pedaleando este ano durante os adestramentos, rutas cicloturistas e competicións.

Así pois, o domingo a disfrutar na V Ruta a Lalín en BTT.

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: