Disfrutando na V Ruta a Lalín en BTT.

Hoxe celebrouse con grandísimo éxito a V Ruta a Lalín en BTT. Alá fomos a pedalear polos 52 fermosísimos quilómetros de percorrido que preparou a organización. O disfrute foi total. Atopei alí a un montón de amigos e compañeiros. Nas facianas de todos os participantes había un sorriso de satisfacción e tamén os sinais de 52 quilómetros de pó, lama, pedras, emoción, sufrimento e disfrute.

Partimos a mañá cedo case trescentos ciclistas. Impresionante. Fomos en saída neutralizada facendo as primeiras bromas. A organización dou comezo a ruta. Os primeiros camiños foron pola parroquia de Catasós, pasando por Donfreán. Afrontamos unha forte subida cara o monte de Catasós. Enlazamos camiño tras camiño, cara abaixo e cara arriba e aparecemos no Sixto. Continuamos facendo outra subida dura e aparecemos preto do alto da Rocha. Seguimos por terras de Rodeiro. Máis pistas, hóreos, cruceiros, e a serra do Faro coma telón de fondo. Uns tramos de senda moi bonitos leváronnos ata Rodeiro. Preciosa a entrada na capital de camba pasando por un curso de auga. Avituallámonos en Rodeiro e volta para Lalín polo camiño de inverno. Moi bonitos os tramos ao pé do Arnego. Pasamos pola ponte de Pedroso. Fixemos outra subida, e cando xa pensei que a ruta baixaría cara a Lalín, sorpresa, xiramos a esquerda por un camiño ancho, andivemos un anaco e despois collemos a dereita. Quedaban menos de dez quilómetros e a ruta ía por unha senda estreita polo bosque, e certamente, este tramo foi unha auténtica delicia. Cando nos demos conta xa estabamos no paseo Pontiñas. Subimos despois pola carballeira da Crespa, outra preciosidade de entorno, e finalizamos a ruta.

Hai que decir que a organización preparou un percorrido precioso. Eu sei o traballo que da montar todo esto, e o esforzo que hai que facer. Pola miña parte un 10 por esta labor. Sempre hai cousas a mellorar, por exemplo a asistencia mecánica que non sei se a había. Igualmente ao cubrirse o cupo de inscritos houbo xente que quedou sen participar. Tamén os pinchos que ofreceron foron bastante escasos e para o meu gusto quedaba moito mellor o xantar que faciamos no centro comercial, anque supoño que preparar comida para 250 persoas ten a súa dificultade. Resumindo, a ruta foi un éxito total. Esta é a quita edición e ogallá haxa moitas máis. Eu participei pedaleando nas cinco edicións e nas catro primeiras colaborei na organización sumándome a un traballo colectivo que colocou a esta ruta entre as mellores de Galicia.

Na foto superior está Agustín, o León de Catasós. Na súa faciana están escritas as sensacións e emocións que vivimos todos na V Ruta a Lalín. Caeu tres veces, e tres veces se levantou. Bravo polo león de Catasós que voltou de novo ao BTT.

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: