Sendeirismo na campaña Concellos Saudables.

Este próximo domingo, día 12 de outubro, e dentro da campaña Concellos Saudables, estarei colaborando na organización dunha ruta de sendeirismo. Pola miña parte decir que estou encantado de poder axudar neste tipo de iniciativas, e espero que a xente que se anime a facer esta pequena andaina pase unha mañá divertida.

As actividades que están a realizar os responsables desta iniciativa Concellos Saudables parécenme moi interesantes, pois inciden dun xeito directo na mellora da calidade de vida das persoas. Así as charlas sobre alimentación, as axudas para abandoar o tabaquismo, o fomento do deporte a través de diversas iniciativas, e todas as liñas de traballo en moitos ámbitos que se están a desenrolar, creo que son un acerto pleno.

En canto a ruta de sendeirismo deste domingo, xuntarémonos no quilómetro 0, na praza da igrexa de Lalín as 10,30 da mañá. Daremos un paseo longo de 14 quilómetros, a un ritmo moi pausado. Estimamos que a duración da actividade pode durar en torno a 3 horas e media. A organización disporá nun punto intermedio dun pequeno avituallamento. Entre os lugares de interés por onde pasaremos, están o Souto de Cardejo, a igrexa parroquial de Catasós, a carballeira de Quiroga declarada Monumento Natural, o pazo de Donfreán e finalmente a igrexa de San Martiño en Lalín de arriba. Podedes atopar unha descripción desta ruta neste enlace: Catasós.

Para inscribirse nesta ruta de sendeirismo hai que ir as oficinas do Pavillón Municipal de Deportes de Lalín. Tamén se pode contactar coas persoas que están a traballar na campaña de Concellos Saudables, que se citan na web da que dispoñen.

Anuncios
Deja un comentario

2 comentarios

  1. Digoche eu que ides desfrotar de lo lindo, porque a ruta é impresionante. Nos marchamos a Ferrol, temos familia por ala e de cando en vez, temos que ir, e ultimamente cos rapaces de Banda, non tivemos tempo de ir…
    Outra vez serà, o que deume rabio foi o do pasado domingo das bicis,,non me enterei, de calquera xeito non sei si poderia, xa que deitamonos as seis da maña, de volta de Pontevedra polo do certamen provincial de Bandas…..
    Unha aperta

    Responder
  2. dezarutas

     /  10 octubre 2008

    Feliz fin de semana. Un saúdo.

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: