Certamente estou gratamente impresionado. A participación na primeira ruta de sendeirismo organizada polos responsables da campaña Concellos Saudables foi altísima. Case cen persoas. Todo saiu a perfección. O tempo acompañou, os camiños estaban bos para andar, o avituallamento a sombra das árbores en Catasós esperando por nós, a colaboración de Protección Civil. Pero eu quero destacar o espíritu da xente que participou nesta actividade, o interés que poñían polos lugares e sitios que visitamos. A nivel persoal tamén moi satisfeito por poder colaborar nesta iniciativa, e ver que a xente disfrutou da ruta e quedou contenta. A organización xa está pensando en novas rutas para dar continuidade a este impulso inicial, e eu estarei encantado de poder axudar.
Gran éxito da primeira ruta de sendeirismo organizada por Concellos Saudables.
Anuncios
Publicado por alvariza el 12 octubre 2008
https://dezarutas.wordpress.com/2008/10/12/gran-exito-da-primeira-ruta-de-sendeirismo-organizada-por-concellos-saudables/
Entrada anterior
Sendeirismo na campaña Concellos Saudables.
Sendeirismo na campaña Concellos Saudables.
Entrada siguiente
Mancebo gana en Mexico la Vuelta a Chihuaua 2008.
Mancebo gana en Mexico la Vuelta a Chihuaua 2008.
Deja un comentario