Carreira popular de Ames. Outro paso adiante.

Hoxe fomos a carreira popular de Ames, en Bertamiráns. Brea, Fran, Txema, Merce, e un servidor, desplazámonos esta mañá para disfrutar doutro día de deporte entre amigos. Sempre que me xunto con este grupo estou encantado, e o ambiente que temos é fenomenal.

En canto a carreira, decir que foron 7,5 quilómetros. O percorrido tiña algunha que outra subida e baixada, e había que esforzarse para manter un ritmo constante. Todos tratamos de afinar a nosa preparación, se ben Txema, Fran e Brea teñen o punto de mira no maratón de Madrid e adestran para obter rendemento a longo prazo. Todos acabamos a proba satisfeitos pois o traballo feito irá mellorando pouco a pouco as nosas prestacións.

Xa en canto a miña visión particular, decir que saín empeñado en correr a un ritmo de 4 minutos por quilómetro:

Quilómetro 1: Pasei en 3 minutos cuarenta segundos. Un ritmo demasiado alto pero necesario para ir tomando posicións no pelotón numeroso de corredores que iniciamos a proba.

Quilómetro 3: O crono marcaba 11 minutos e 30 segundos polo que ía a un ritmo de 3:50 o que non estaba mal tendo en conta que había tramos de subida.

Quilómetro 4: Pasei unha pequena crise e tentei manter o ritmo na medida do posible. Algún tramo en descenso permitiume recuperar algo de aire sen perder demasiado tempo.

Quilómetro 6: Levaba por este punto 23 minutos e 45 segundos. Empecei a ser consciente de que podía conseguir rematar a carreira e cumplir o obxetivo que me tiña fixado.

Final: Resultou que a distancia total foron 7,5 quilómetros e o meu crono final foi de 29 minutos 37 segundos. Obxetivo cumprido. Podo estar contento e satisfeito co meu rendemento.

Agora xa a pensar na seguinte. Santiago de Compostela nos agarda o vindeiro domingo.

Anuncios
Deja un comentario

1 comentario

  1. Estás feito un superhome!
    Que pasada!

    Vese que disfrutas de cada reto que te propós. Adiante!
    Por Compostela, seguimos con frío e con esperanza.

    Unha aperta da Nieves (www.navicularia.blogspot.com)

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: