Correndo en Santiago na proba raiña das carreiras populares galegas.

Hoxe estuvemos correndo en Santiago de Compostela. A carreira pedestre popular Camiño de Santiago vai xa pola súa XXXI edición. Esta é unha proba clásica a que non se debe faltar. Así creo que arredor de oito mil corredores tomamos hoxe a saída na Avenida Xoan XXIII as 10:30 da mañá.

Outra vez me xuntei cos corricolaris Txema, Fran, Brea, e tamén estivo con nós Antonio González Datorre. Pero o grupo de amigos medra e así puiden saudar a xente da Escola de Atletismo Deza que levou un grupo numeroso a carreira. Tamén estaba Verónica e moita outra xente de Lalín.

A carreira constaba do percorrido de sempre. Bueno, houbo unha lixeirísima modificación e en lugar de baixar pola rúa do Hórreo baixamos pola rúa Doutor Teixeiro. Na información falábase de que eran doce quilómetros 500 metros, pero logo os modernos aparellos -podómetros e gps- marcaban como distancia total da proba doce quilómetros xustos. Esta é unha cuestión importantísima para facer unha valoración dos tempos de carreira obtidos.

Xa pola semana a cousa fóiseme torcendo. Adestrei o mércores ben, pero o venres collín un resfriado e tiven un pouco de febre, polo que suspendín todos os adestramentos que tiña previstos. E o día da víspera da carreira, ao preparar o material decateime que tiña as miñas zapatillas de correr esquecidas no gimnasio. A mañá da proba co lío do cambio horario, case me quedo durmido.

Gracias a Fran solucionei o tema das zapatillas e puiden recuperalas e correr con elas. O resfriado pareceu remitir. E a carreira saiume bastante ben, fixen 49 minutos e 41 segundos, baixei a miña mellor marca en case un minuto e medio. Podo estar contento. Pero cando me dixeron que eran tan só doce quilómetros volvín a realidade pois así o obxetivo sería baixar de 48 minutos e non bastaba baixar de 50 coma eu creía.

Pero en fin, ainda me queda o día 9 a carreira de Negreira e o día 16 a carreira do San Martiño en Ourense.

Evolución das miñas plusmarcas do século XXI na carreira pedestre popular de Santiago:

Ano 2003: 1 hora 06 minutos 05 segundos.

Ano 2005: 58 minutos e 11 segundos.

Ano 2007: 51 minutos e 12 segundos.

Ano 2008: 49 minutos e 41 segundos.

Ano 2009: ?

Anuncios
Deja un comentario

5 comentarios

  1. Hola!! Pues yo creo que deberías estar contento, porque si solo hicieron un pequeño cambio en el recorrido y has bajado 1′ 30” . Yo estaría contenta :D.

    Responder
  2. dezarutas

     /  27 octubre 2008

    Gracias. Sí, voy mejorando, pero cuando veo cómo corren mis compañeros de duatlones y triatlón alucino. Esoy muy lejos de ellos. Yo voy poco a poco mejorando y eso es lo importante. Gracias por pasarte por el blog. Un saludo.

    Responder
  3. Mellorando nos tempos e ….mellorando o aspecto do blog. Parabéns!

    Responder
  1. Maratón do Miño. « Rutas ciclistas y demás.
  2. Correndo en Santiago outro ano máis e chegando a meta. « Buscando na liña do ceo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: