Segunda ruta de sendeirismo organizada pola campaña Concellos Saudables. A ruta dos Pazos.

Este vindeiro domingo, día 2 de novembro, celébrase a segunda ruta de sendeirismo organizada polos monitores da campaña Concellos Saudables. O percorrido preparado para esta ocasión ten sobre 14 quilómetros e é de dificultade baixa. Partiremos as 9,30 horas da praza da Igrexa e a ruta faise en 4 horas.

A ruta sae de Lalín, do quilómetro cero. Iremos polo paseo Pontiñas. Subiremos a Bergazos e veremos o primeiro pazo. Logo continuaremos cara Bendoiro e pasaremos xunto a un muiño, un castro e o pazo de Bendoiro. Reanudaremos o camiño e iremos ata o pazo de Liñares, onde a organización nos dará un avituallamento. Despois de ver o pazo de Liñares iremos ata ponte Taboada. Alí rematará a ruta e haberá autobuses dispostos pola organización para retornar aos participantes a Lalín. Pero algúns faremos tamén a pé o percorrido de volta, pasando pola capela de Santa Lucía, Santiso, Cima do Alle e retornando a Lalín.

Penso que será unha ruta preciosa, e espero que a xente disfrute dun día agradable redescubrindo o rico patrimonio cultural, natural e arqueolóxico que ten o noso Concello. Pola miña parte estarei encantado de seguir colaboraando neste tipo de iniciativas.

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: