A Ruta dos Pazos organizada por Concellos Saudables foi outro éxito rotundo.

A segunda ruta de sendeirismo organizada por Concellos Saudables, a ruta dos Pazos, celebrada no día de hoxe foi outro éxito rotundo. Hai que destacar en primeiro lugar o número de participantes. Tendo en conta a climatoloxía adversa que tivemos estes días, creo que xuntar a unhas setenta persoas para facer a ruta é algo moi resaltable, indicativo do interés da xente neste tipo de actividades.

En canto ao percorrido creo que a xente disfrutou. Visitamos o pazo de Bergazos, un muiño, o castro de Bendoiro, o Pazo de Bendoiro, o pazo de Liñares e finalmente a ponte medieval de Ponte Taboada. Todo esto en catorce quilómetros creo que non está nada mal. Está claro que en Lalín hai moito que ver. Temos un patrimonio natural, arqueolóxico e monumental bastante amplo que temos que poñer en valor e promocionar.

Os máis intrépidos decidimos voltar tamén a pé. Fomos pola Borralla, a ermida de Santa Lucía, Prado, Santiso e a Cima do Alle. Rematamos con 28 quilómetros nas pernas. Sensacional.

A nivel particular teño que dicir que me queda unha gran satisfacción por ter colaborado nesta actividade. Ver as caras da xente encantada e descubrindo o moito que temos para ver é un recordo que me quedará pra sempre. Cando queirades repetimos.

Anuncios
Deja un comentario

2 comentarios

  1. Vicente

     /  3 noviembre 2008

    Es infatigable amigo! Sempre paso polo teu blog, e sempre me sorprende a túa paixón, que é deportiva, pero moito máis. ¿A que hora é a carreira de Negreira do dia 9? Se podo voute animar, que me queda cerca.
    Saúde e moitos éxitos.
    Vicente Montoto

    Responder
  2. dezarutas

     /  3 noviembre 2008

    Gracias Vicente. En Negreira a carreira é o domingo pola mañá. Supoño que será a partir das 11. Unha aperta.

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: