Carreira popular de Negreira. Obxetivo cumprido.

negreira-b-r

Aquí estamos outra vez. Os catro mosqueteiros listos para correr. Hoxe tocou a carreira pedestre popular de Negreira. Esta proba é tradicional no circuito de carreiras populares en Galicia e na lista de gañadores das sucesivas edicións hai moitos atletas de prestixio. Son dez quilómetros cun perfil ondulado, con partes de subida e outras de baixada.

E alá fun. A semana tomeina con moita tranquilidade e só adestrei o xoves no ximnasio facendo catro series fortes de carreira na cinta. Non estaba moi convencido de correr ben hoxe. Pero xa quecendo notei que as pernas querían acción. O día gris e de orballo, pero non facía frío e o vento era escaso.

Despois de disfrutar dun magosto na víspera, Fran botou abaixo todas as máximas sobre a alimentación dun deportista. Os chourizos e as castañas do magosto, e a festa correspondente, non lle impediron rendir e fixo unha boa carreira.

Brea levounos en butaca a saída no seu vehículo. Tamén fixo unha boa proba e sumando outro día de adestramento de calidade de cara a próximas carreiras.

Txema completou o percorrido e na meta estaba contento co seu tempo. É evidente que estamos ante un deportista incombustible e sigue a súa preparación para o maratón de Madrid.

atando-cordon-b-r

En canto a miña actuación, teño que me poñer un sobresaínte. Rematei os dez quilómetros cun tempo de 39 minutos e coarenta e sete segundos. Polo tanto logrei por primeira vez na miña vida correr un dez mil por debaixo de coarenta minutos. Esperaba facer o intento serio o vindeiro domingo en Ourense, pero hoxe pensaba que si a cousa se poñía a tiro, iría a morte a cumprir o ansiado obxetivo. E así foi.

O primeiro quilómetro paseino en 4:05. Pensei que non iba ter o día. No quilómetro dous pasei en 7:30 aproveitando un pouco de baixada. Pensei que ao mellor sí sería posible. No quilómetro tres e catro ia bastante forzado, empecei a desanimarme e a ter pensamentos negativos (qué maula son, pásame todo dios, etc.), pero decidín aguantar e manter o ritmo. No quilómetro 5 sentirme algo máis cómodo. No quilómetro 6 pasei en 24 minutos xustos e pensei que aínda era posible rematar en menos de 40 minutos. No quilómetro 7 levaba 27 minutos e 58 segundos e aumentaron as miñas esperanzas. No quilómetro 8 pasei en 31 minutos 20 segundos gracias a un tramo en lixeira baixada, e decidín morrer si fose preciso porque rematar en menos de coarenta minutos estaba claramente a tiro. Había alí un tramo de subida que afrontei con decisión. Cheguei ao alto e alonguei a zancada todo o que puiden. Entrei nunha recta en baixada que se me fixo longuísima. Vin a meta, mirei o crono, e a cousa ía xusta. Apretei nos últimos metros e… ¡obxetivo cumprido!

Xa sei que se cadra non é para tanto. É evidente que estou moi lonxe da xente que corre realmente ben. Pero para min hoxe é un gran día. É coma se rompese unha barreira. Penso tamén que aínda hai moito que mellorar. É a eterna insatisfacción. Acadas un obxetivo e sabes que aínda quedan moitos chanzos na escaleira para subir. Venseme a memoria unha frase dunha canción dos Doors, riders on de storm (jinetes bajo la tormenta). “A este mundo somos arrojados, como perros sin hueso, como actores improvisados”.

Bueno, e agora qué. Pois haberá que subir a aposta. O vindeiro domingo é a carreira do San Martiño en Ourense. Hai que tentar correr por debaixo de 3:50 cada quilómetro. Así pois o reto será correr en menos de 38 minutos e 20 segundos. Estou tolo. Bendita tolemia. Amén.

Anuncios
Deja un comentario

3 comentarios

  1. Dende logo tedes valor…..Noraboa para os catro “Mosqueteiros da ruta”.
    Por certo que creo que bateuse recrod de participacion popular, e iso que o dia era regulin-regulan…

    Responder
  2. Alfonso

     /  11 noviembre 2008

    “Yes we can”…
    Y luego que no sirven las series en cinta Je Je Je… A por los 35 min.

    Responder
  3. Vicente

     /  20 noviembre 2008

    Estiven vendo a carreira rotonda de Negreira, pero debeches correr tanto que non te vin. O que me admirou foron os señores maiores, o resto tamén.
    Gracias polos Doors.
    Vicente

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: