Ourense. Carreira do San Martiño. Fin da tempada 2008.

ourense-b-r

Xuntos outra vez para participar nunha nova carreira. Na foto aparecemos de esquerda a dereita, éste que escribe, Surribas, Fran, Brea e Txema. O rapaciño que sae tamén conosco é o que nos dará o relevo algún día. Listos para tomar a saída na ponte do millenium en Ourense.

Esta carreira, que sempre me gustou, teño que decir que xa me gusta menos. Demasiada participación. Que a xente se anime a participar de entrada é positivo. Pero a organización non soupo organizar ben as cousas e veuse desbordada pola alta participación. Na saída tardei un quilómetro en ter espacio para correr en condicións, e isto estragou calquer intento de boa marca persoal. Igual que a min pasoulle a moitos outros. E despois na chegada un atasco monumental para recoller os agasallos. Menos mal que fixo bo día, que si ven un día de choiva ou frío e nos fan esperar a media hora que esperamos despois de rematada a carreira, morremos alí.

A miña marca persoal foi 40 minutos e 19 segundos. Xa digo que o primeiro quilómetro estragou toda a carreira, pois paseino en 4 minutos 30 segundos. Se descontamos ese quilómetro inicial volvería a estar por baixo dos catro minutos por quilómetro outra vez e faría plusmarca persoal nun dez mil. Eso sí, estaría lonxe do reto de rematar en 38 minutos 20 segundos, que parece estar aínda lonxe do meu alcance de momento.

Con esta carreira dou por rematada a tempada 2008. Agora descansarei dúas ou tres semanas e voltarei a adestrar a comezos de decembro pensando xa na tempada 2009. Certamente podo estar satisfeito das competicións que fixen en todo ano. Teño que agradecer a divina providencia non haber tido nin caídas nin lesións. Ogallá esto siga sendo así.

RELACIÓNS DE PROBAS FEITAS NA TEMPADA 2008

– Duatlón e Triatlón.

Duatlón cross de Poio

Duatlón cross de Pontevedra

Duatlón de Teo

Duatlón de Guitiriz

Duatlón de Lalín

Triatlón de Riazor

Triatlón de Pontevedra

Triatlón do Miño (Lugo)

Campeonato galego de Triatlón Cross en Allaríz

Triatlón de Baiona.

– Ciclismo. Rutas cicloturistas.

Clásica cicloturista Lagos de Covadonga (111km)

Ruta de Tea (120km)

Ruta Rías do Morrazo en Cangas (100km)

Clásica cicloturista Puertos Esmeralda en Nava, Asturias (105 km)

BTT, Gran Ruta do Testeiro (90km)

BTT, Ruta a Lalín (50km)

– Atletismo. Carreiras populares.

Xinzo

Padrón

Vig-Bay

Ames

Santiago

Negreira

Ourense, San Martiño

Anuncios
Entrada siguiente
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: