Neve.

nieve_a9z1974

Veu a neve. Aínda non rematou oficialmente o outono, pero a cousa parece que está de inverno. Así esta fin de semana a paisaxe tinguiuse de branco. Foi certamente bonito ver caer esta mañá de domingo as folerpas de neve. Non sei se mañá volveremos a ver todo nevado cando nos levantemos para voltar ao traballo.

A ruta de sendeirismo foi aprazada. Con bo sentido decidiuse esperar a melloría do tempo. O importante e garantir a saúde da xente primeiro e pensar no divertimento despois. O trazado e as cuestións técnicas da ruta están totalmente preparadas e poderemos facela cando o tempo mellore un pouquiño.

Por outra banda, mañá é día 1 de decembro. Volto a os adestramentos para poñer a maquinaria a punto de cara a tempada 2009. Hai moitos retos interesantes para afrontar. O obxectivo que me marco é completar un medio “iron man”. Podería ser Lisboa ou Zarautz a proba elixida para facelo, ou incluso as dúas. Tamén teño ilusión en facer novas rutas cicloturistas en bici de estrada e para o verán Xavier animoume a facer algo polos Alpes ou polos Dolomitas italianos. Hai retos interesantes para a bici de montaña. Tamén gustaríame baixar as miñas marcas de media maratón e dez mil metros. E por suposto, está o circuito galego de Duatlón e Triatlón. Tentarei de mellorar o meu ranking.

Non paso por un momento nada bo a nivel anímico. Físicamente non teño problemas, pero preocúpame que algunha lesión apareza, e o meu corpo cada vez me vai dando máis a medida que llo vou pedindo, pero se cadra algún día dí “basta”. De todos os xeitos a ilusión pode cos malos pensamentos, de momento, e mañá toca adestrar. Iremos pouco a pouco. O camiño máis longo sempre empeza cun pequeno paso.

Adiante.

Anuncios
Deja un comentario

1 comentario

  1. Non sei como nos gusta tanto a neve….¿Porque sera?, cando realmente o que ocasiona son trastornos, inconvenientes e perigros….PEro si, ten algo ancestralmente maxico, capaz de facernos volver a mais olvidado recuncho da nenez…
    cousas

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: