Final de ano correndo a Nercellada.

nuevo-1

Xa remata este ano 2008. A verdade é que trouxo un montón de aventuras. Nada mellor para rematalo que participar na Nercellada, que será día 31 as 17 horas no paseo Pontiñas.

Para os que non o saiban, a Nercellada é unha carreira entre os amigos do deporte de Lalín, que xurdiu case de forma espontánea. Unha versión da San Silvestre feita en Lalín. Eu creo que a versión supera a orixinal en espíritu festivo e cachondeos varios, incluídos disfraces e outras lerias estrafalarias. E chámase Nercellada en honor a familia Nercellas, saga de grandes deportistas.

Aínda que só participei nunha edición, teño que dicir que hai un ambiente moi especial e festivo. Este ano estarei tamén. Ademáis estará a xente de Concellos Saudables repartindo turrón e outras viandas. E por certo, o primeiro gaña unha empanadilla da panadería Nercellas.

Na foto superior está Pepe Nercellas recollendo o trofeo coma gañador da carreira pedestre de Lalín do ano 1985. Esta é sen dúbida unha foto histórica, de cando a carreira pedestre se organizaba polo instituto Laxeiro. Un rapaz do público que vai de azul resulta ser un servidor.

Por certo, felicitar a Pepe Nercellas, que acaba de ser pai hai pouco. A saga Nercellas continúa.

Primeiras grupetas.

grupeta-1-b-r

Xa estamos rodando. Esto vai empezando a funcionar. Así hoxe, día de nadal, montamos unha boa grupeta. Armando, Agustín, Nercellas, Txiki e un servidor rodamos en grupo dende Lalín a Dozón e logo ata a Rocha para voltar finalmente a Lalín. A marcheta que levabamos foi certamente interesante. Se non era un o que tensaba a corda era outro. Será positivo que a grupeta se vaia repetindo pois é un xeito moi efectivo de adestramento.

grupeta-2-b-r

E tamén onte, día de noiteboa, argallamos outra grupeta animosa. Desta vez xunteime con Javi e Julio. Rodamos de Lalín a Prado, logo cara Bodaño, seguidamente a Silleda e eu retornei a Lalín. Esto marcha.

Bo nadal.

Correndo de incógnito en Lucus Augusti.

lucus-b-r

Hoxe estivemos na cidade imperial. Lucus Augusti.  A gloria de Roma aínda se respira por alí. Tres voltas a muralla. Dúas ao seu carón e unha por riba. Moito me gusta esta carreira de dez quilómetros.

E a semana escomezou mal. Cando me quixen anotar para a carreira a inscripción estaba xa pechada. Xurei en arameo. Retorcinme todo. Logo pensei a maneira de conseguir un dorsal. Así acudín a axuda da Escola de Atletismo Deza, que de ter algunha vacante, podía eu utilizar ese dorsal. Inscribinme na carreira de Boiro, pero tuven sorte, e o xoves cedéronme un dorsal os da escola de atletismo. Dende aquí moitas gracias.

Memoricei o meu novo nome. Chámome Pazos, Xaime Pazos. E así, cunha nova identidade coma un superespía, arranquei con Fran cara a Lucus Augusti.

A mañá estaba fría. Pero o sol abriuse paso entre a néboa rápidamente e quedou un bonito día para correr.

Saímos. Busquei coma sempre correr en torno a catro minutos cada quilómetro. No quilómetro 3 levaba 11:36. un tempo moi bo. Alí alcanzoume Armando e adiantoume pois él buscaba lograr un reto persoal que era baixar de coarenta minutos e ía moi ben. Eu aguantei un quilómetro o seu ritmo. Pero logo paguei as consecuencias nun tramo de subida e vinme obrigado a baixar o ritmo e regular o esforzo doutra maneira. Fixen dous quilómetros a 4:20 e recuperei algo. Collín aire e voltei a pasar os quilómetros en torno a catro minutos. Rematei cun tempo de 41 minutos 15 segundos. Uns segundiños menos que o ano pasado. Non está mal, a tempada está empezando. Sigo con problemas de motivación, reumáticos e pouco adestramento. Pouco a pouco parece que vou vendo a luz.

En canto a os compañeiros:

Cristian, décimo, fenomenal, case chega en 32 minutos. Estratosférico.

Cea rematou cun tempo aproximado de 35 minutos. Impresionante.

Armando acadou o seu obxetivo e baixou dos 40 minutos. 39:30. Moi ben por Armandiño.

Eu acabei contento co meu tempo de 41:15.

Santos moi ben, fixo 41:17 e entrou case conmig0 en meta.

Fran non tivo un bo día. O corpo non lle deixou rendir ao seu nivel habitual, pero rematou a proba e sumou outro día de adestramento.

Eso sí, no noso pensamento só había dúas verbas:

¡¡¡ ANIMO TXEMA!!!

Así foi este día no que corrín de incógnito coma un superespia. Chámome Pazos, Jaime Pazos.

Carreira popular de San Cibrao. Voltando a competición.

san-cibrao-b-r

Aquí estamos de novo. Armando, Fran e un servidor. Listos para quecer e tomar a saída na carreira pedestre popular de San Cibrao das Viñas.

O día veu frío. Saímos de Lalín cara terras ourensás, e o pasar polo alto do San Martiño, había algo de neve.

A carreira tiña 8,5 quilómetros e era de perfil ondulado. Había varios tramos en subida nos que era preciso empregarse case a fondo.

Armando fixo un gran crono. Os adestramentos que está a facer estanlle dando un punto de forma moi interesante. Ten marcado no seu calendario a carreira do vindeiro domingo, Lugo Monumental, na que espera pulverizar o seu mellor crono nun dez mil e deixalo por debaixo dos coarenta minutos.

Fran tamén fixo un bo percorrido. Vexoo cada vez máis fino. Fixemos xuntos os dous primeiros quilómetros. No seu punto de mira está o maratón de Madrid en abril, e pouco a pouco vai a lograr un grandísimo estado de forma.

A nivel particular teño que dicir que acabei bastante contento. Despois de todos os problemas de motivación, reumáticos, sinusite e demáis, fixen un tempo de 35 minutos e 59 segundos. Non está nada mal dada a situación na que me atopo, apenas 15 segundos máis que  na edición anterior de esta proba. Foi moi boa idea correr esta carreira, e agora a preparar a  do próximo domingo.

Vémonos en Lucus Augusti.

Tratando de voltar a acción. Carreira popular de San Cibrao das Viñas.

san-cibrao

Xa está. Decidido. Este domingo participarei na carreira popuar de San Cibrao das Viñas. É a mellor maneira de voltar a acción, voltar as carreiras. Eso sí, nada de retos.  Esta vez tranquilo.

Son oito quilómetros e medio, e xa o ano pasado participara. Ten varios tramos en subida. Da igual. Tratarei de completar a distancia e ir vendo como me atopo.

A verdade é que estou pasando por dificultades. Moito estrés laboral, molestias reumáticas, dúbidas e incertidume. Non acabo de carburar. Pero teño que sobrepoñerme a todo iso. Nada mellor que o ambientillo da competición. Saúdar aos amigos e disfrutar.

Tamén se desprazan os da Escola de Atletismo do Deza. Fran tamén estará por alí. Txema decidiu descansar un pouquiño para voltar as probas en xaneiro.

Imos logo a San Cibrao.

Un año y un día.

tarta-un-ano

Este blog cumple hoy un año y un día. Son más de trece mil visitas recibidas. Somos cada vez más amigos interconectados.

Pero aún quedan muchas historias por vivir y por contar. Nuevas aventuras, nuevos retos. Más caminos por andar. Tengo los bolsillos llenos de monedas de sol e infinitos viajes por hacer con mi equipaje de viento.

Gracias a todos.

Raña se pasa al ciclismo y ficha por el Xacobeo Galicia.

rana-ciclista-s04d8805

Notición. Ivan Raña se hace ciclista. Al menos por un año. El deportista de Ordes ha fichado por el Xacobeo Galicia. Así pues, en el 2009 Iván probará en el ciclismo profesional. Se le ve encantado con el reto que afronta. Pero eso sí, aún piensa en poder llegar a otra olimpiada para participar como triatleta.

Alvaro Pino en la presentación manifestó que Iván se podrá adaptar rápido al provenir de una disciplina que exige mucha capacidad de sufrimiento como es el triatlón. Todos se mostraron ilusionados con una nueva temporada.

Desde este blog iremos haciendo un seguimiento de la etapa ciclista de Iván Raña y de la temporada del Xacobeo Galicia.

¡Forza Xacobeo!