Carreira popular de San Cibrao. Voltando a competición.

san-cibrao-b-r

Aquí estamos de novo. Armando, Fran e un servidor. Listos para quecer e tomar a saída na carreira pedestre popular de San Cibrao das Viñas.

O día veu frío. Saímos de Lalín cara terras ourensás, e o pasar polo alto do San Martiño, había algo de neve.

A carreira tiña 8,5 quilómetros e era de perfil ondulado. Había varios tramos en subida nos que era preciso empregarse case a fondo.

Armando fixo un gran crono. Os adestramentos que está a facer estanlle dando un punto de forma moi interesante. Ten marcado no seu calendario a carreira do vindeiro domingo, Lugo Monumental, na que espera pulverizar o seu mellor crono nun dez mil e deixalo por debaixo dos coarenta minutos.

Fran tamén fixo un bo percorrido. Vexoo cada vez máis fino. Fixemos xuntos os dous primeiros quilómetros. No seu punto de mira está o maratón de Madrid en abril, e pouco a pouco vai a lograr un grandísimo estado de forma.

A nivel particular teño que dicir que acabei bastante contento. Despois de todos os problemas de motivación, reumáticos, sinusite e demáis, fixen un tempo de 35 minutos e 59 segundos. Non está nada mal dada a situación na que me atopo, apenas 15 segundos máis que  na edición anterior de esta proba. Foi moi boa idea correr esta carreira, e agora a preparar a  do próximo domingo.

Vémonos en Lucus Augusti.

Anuncios
Deja un comentario

1 comentario

  1. Pero xa sabes o que se fala por ai, o importante e participar…
    ADemais seguro que o pasastedes de medo.
    Eu o Domingo levanteime as nove ca idea de sair a dar unhas pedaladas, e atopeime ca neve, e o dia…….asi que quedeime na casa….levo non sei canto tempo sen poder coller a bici…

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: