Correndo de incógnito en Lucus Augusti.

lucus-b-r

Hoxe estivemos na cidade imperial. Lucus Augusti.  A gloria de Roma aínda se respira por alí. Tres voltas a muralla. Dúas ao seu carón e unha por riba. Moito me gusta esta carreira de dez quilómetros.

E a semana escomezou mal. Cando me quixen anotar para a carreira a inscripción estaba xa pechada. Xurei en arameo. Retorcinme todo. Logo pensei a maneira de conseguir un dorsal. Así acudín a axuda da Escola de Atletismo Deza, que de ter algunha vacante, podía eu utilizar ese dorsal. Inscribinme na carreira de Boiro, pero tuven sorte, e o xoves cedéronme un dorsal os da escola de atletismo. Dende aquí moitas gracias.

Memoricei o meu novo nome. Chámome Pazos, Xaime Pazos. E así, cunha nova identidade coma un superespía, arranquei con Fran cara a Lucus Augusti.

A mañá estaba fría. Pero o sol abriuse paso entre a néboa rápidamente e quedou un bonito día para correr.

Saímos. Busquei coma sempre correr en torno a catro minutos cada quilómetro. No quilómetro 3 levaba 11:36. un tempo moi bo. Alí alcanzoume Armando e adiantoume pois él buscaba lograr un reto persoal que era baixar de coarenta minutos e ía moi ben. Eu aguantei un quilómetro o seu ritmo. Pero logo paguei as consecuencias nun tramo de subida e vinme obrigado a baixar o ritmo e regular o esforzo doutra maneira. Fixen dous quilómetros a 4:20 e recuperei algo. Collín aire e voltei a pasar os quilómetros en torno a catro minutos. Rematei cun tempo de 41 minutos 15 segundos. Uns segundiños menos que o ano pasado. Non está mal, a tempada está empezando. Sigo con problemas de motivación, reumáticos e pouco adestramento. Pouco a pouco parece que vou vendo a luz.

En canto a os compañeiros:

Cristian, décimo, fenomenal, case chega en 32 minutos. Estratosférico.

Cea rematou cun tempo aproximado de 35 minutos. Impresionante.

Armando acadou o seu obxetivo e baixou dos 40 minutos. 39:30. Moi ben por Armandiño.

Eu acabei contento co meu tempo de 41:15.

Santos moi ben, fixo 41:17 e entrou case conmig0 en meta.

Fran non tivo un bo día. O corpo non lle deixou rendir ao seu nivel habitual, pero rematou a proba e sumou outro día de adestramento.

Eso sí, no noso pensamento só había dúas verbas:

¡¡¡ ANIMO TXEMA!!!

Así foi este día no que corrín de incógnito coma un superespia. Chámome Pazos, Jaime Pazos.

Anuncios
Entrada siguiente
Deja un comentario

1 comentario

  1. Lugo Monumental 2009. « Rutas ciclistas y demás.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: