Final de ano correndo a Nercellada.

nuevo-1

Xa remata este ano 2008. A verdade é que trouxo un montón de aventuras. Nada mellor para rematalo que participar na Nercellada, que será día 31 as 17 horas no paseo Pontiñas.

Para os que non o saiban, a Nercellada é unha carreira entre os amigos do deporte de Lalín, que xurdiu case de forma espontánea. Unha versión da San Silvestre feita en Lalín. Eu creo que a versión supera a orixinal en espíritu festivo e cachondeos varios, incluídos disfraces e outras lerias estrafalarias. E chámase Nercellada en honor a familia Nercellas, saga de grandes deportistas.

Aínda que só participei nunha edición, teño que dicir que hai un ambiente moi especial e festivo. Este ano estarei tamén. Ademáis estará a xente de Concellos Saudables repartindo turrón e outras viandas. E por certo, o primeiro gaña unha empanadilla da panadería Nercellas.

Na foto superior está Pepe Nercellas recollendo o trofeo coma gañador da carreira pedestre de Lalín do ano 1985. Esta é sen dúbida unha foto histórica, de cando a carreira pedestre se organizaba polo instituto Laxeiro. Un rapaz do público que vai de azul resulta ser un servidor.

Por certo, felicitar a Pepe Nercellas, que acaba de ser pai hai pouco. A saga Nercellas continúa.

Anuncios
Entrada anterior
Entrada siguiente
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: