Duatlón de Lugo 2009. Alí estivemos.

equipo-b-r

Onte o equipo do Club Triatlón Lalín desprazouse a Lugo para competir no Duatlón de Lugo, segunda proba do circuito galego de duatlón en estrada. A formación que presentamos foi Antoñito, Iván, Requeixo, Paco, Carlos, Emilio e Mundi.

Na carreira de categorías participamos Requeixo, Emilio, Carlos, Emilio e Mundi. O ritmo foi alto dende o inicio. No sector de ciclismo fixéronse varios grupos e a clave era poder colocarse no grupo máis rápido e pelexamos como puidemos.

A nivel particular experimentei algo de melloría, pero a miña aspiración de probar a competir na carreira élite está bastante lonxana, ainda que non descartada.

– Carreira élite.

oscar-vicente-b-r

Oscar Vicente foi claro dominador na proba élite. Quedou de manifesto a súa fortaleza e a súa exquisita técnica de carreira. O sector de ciclismo fíxoo en solitario encabezando a carreira e agrandando a súa ventaxa sen que o grupo perseguidor puidera darlle caza. Seguramente os seus compañeiros de equipo non darían relevos e os Bricosa non foron capaces de recortarlle a ventaxa.

monti-en-el-grupo

Emilio Montilla entrou en competición no circuito galego de Duatlón e fixo unha boa actuación. En canto colla algo de ritmo irá a máis. Onte aguantou no grupo dos mellores e amosou novamente a calidade deportiva que atesoura.

ciclismo-b-r

O sector de ciclismo era para ciclistas de forza. Apenas un repeito no que quitar o plato grande. Todo o demáis a rodar acoplados por un tramo en lixeira baixada que se convertía en lixeira subida na volta.

paco-b-r

Na foto vemos a Paco Mosquera completando o sector de ciclismo. Despois de facer o circuito galego de duatlón cross, Paco está andando ben nas probas de duatlòn de estrada.

paco-y-antonito-b-r

Antonio e Paco no segundo sector de carreira. Batíronse os dous o cobre na carreira élite, e foron boa parte da carreira xuntos.

Agora toca prepararse para o Duatlón de Santiago.

meta-b-r

Anuncios
Deja un comentario

1 comentario

  1. Esto xa è demasiado para mi, nin sequera sabia que existiesen probas de Duatlon…Parabens

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: