Ruta de sendeirismo a Mouriscade e o Museo da Paisaxe.

casa-do-patron-b-r2

Hoxe, día 22 de marzo, nun fermoso día de primavera, fixemos a ruta de sendeirismo a Mouriscade e o Museo da Paisaxe. Esta é a terceira ruta organizada dentro da campaña Concellos Saudables, e a primeira das seis rutas de senderismo previstas para a primeira metade do ano.

Case cen persoas participaron nesta actividade, e fixeron o percorrido partindo de Lalín, dende a praza da Igrexa, no quilómetro cero. Os camiñantes foron logo polo paseo Pontiñas, a Carballeira da Crespa, o muiño de Baxán, Botos e Mouriscade. Despois de repoñer forzas na área recreativa ao pé do río Asneiro, a andaina seguiu cara a San Pedro de Doade, Os Muiños  e Codeseda, onde os participantes visitamos o museo etnográfico Casa do Patrón guiados amablemente por tres persoas pertencentes a esta institución, e ademáis se exhibiu un video explicativo adicado a Paisaxe do Alto Deza. Tamén se visitou o castro de O Penedo para finalmente chegar a aldea de A Lama onde remataba a ruta de 14 km. Nese punto os que así o quixeron, continuaron a pé seguindo o primeiro dos percorridos do Museo da Paisaxe, pasando polo mirador de monte Xestoso e o Val do río Lebozán, retornando a Mouriscade e finalmente a Lalín, chegando os que fixeron este segundo sector con 27 quilómetros percorridos.

Fotos da ruta:

praza-da-igrexa-grupo-b-r

camino-do-tren-b-r

avituallamento-b-r

puente-mouriscade-b-r

casa-do-patron-b-r1

casa-do-patron-aperos-b-r

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: