Vig – Bai 2009. Mellorando tempos na media maratón Vigo – Baiona.

vig-bay-2009-b-r

Hoxe participamos na media maratón entre Vigo e Baiona. Máis de 3000 corredores fixemos o percorrido de 21 quilómetros de carreira a pé disfrutando dun fermoso día deportivo. A carreira resultou certamente bonita. Esta é a segunda edición na que participo, e gústame especialmente ollar cara a dereita e ver as illas Cíes, praia América, pasar por Nigrán e ver ao lonxe a vila de Baiona.

En canto aos tempos, a falta de ver a clasificación oficial, decir que case todos melloramos as nosas marcar persoais ou acabamos satisfeitos coas nosas carreiras.

Antonio González Da Torre fixo unha gran marca. 1 hora e 23 minutos. Aínda se lamentaba por non ter limado algúns segundos máis na parte inicial da carreira, pero hai que dicir que é un tempo moi difícil de acadar.

De estratosférica tamén se pode calificar a marca de Francisco Domínguez Zufiaurre. 1 hora e 26 minutos. Certamente se segue nesta liña, pode marcar na maratón de Madrid un tempo excepcional. Moi ben a carreira de Fran, e felicitacións dende este blog.

En canto a miña actuación, teño que estar satisfeito. 1 hora 28 minutos. Rebaixei en tres minutos o meu crono do ano pasado nesta carreira, e o meu estado de forma empeza a ser bastante bo para afrontar as próximas citas.

Iván González Da Torre fixo 1 hora e 29 minutos. Pouco a pouco irá collendo forma e nos demostrará que é capaz de facer moito máis.

Brea marcou tamén un tempo mellor que na edición anterior. 1 hora e 33 minutos. A súa preparación para a maratón de Madrid marcha ben.

Polo demáis a sensación que nos quedou a todos foi de satisfacción por poder estar outro ano máis correndo de Vigo a Baiona.

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: