Duatlón de Santiago 2009. Dureza e espectáculo.

grupo-b-r3

O sábado día 4 de abril, disputouse o Duatlón de Santiago. O Club Triatlón Lalín desprazou un numeroso equipo de duatletas para participar nesta terceira proba do circuito galego de duatlón.

O percorrido deste duatlón sprint tiña un primeiro sector de carreira a pé de dúas voltas completando un total de 5 km, tres voltas a un durísimo percorrido ciclista sumando un total de 18 quilómetros, e unha volta de 2,5 quilómetros de carreira a pé.

Na proba élite impúxose Luis Calvo Castro do Bricosa, seguido do seu compañeiro Rubén Caamaño. Emilio Montilla do Fluvial de Lugo finalizou na terceira posición perxudicado pola labor de equipo do Bricosa. Os catro integrantes do Club Triatlón Lalín que saímos na carreira élite rematamos a proba, sendo Antonio González Datorre 28º clasificado e 29º Paco Mosquera. Eu rematei na posición 42 e Iván González Datorre na plaza 43, ambolos dous logramos superar o tempo de corte establecido pola organización para a carreira élite e foi esa a nosa particular pequena victoria.

txiki

Na carreira denominada Categorías participaron Miguel Varela, Agustín Crespo, Juan Carlos Regueiro, Emilio José Ferreiro e Manuel Requeijo. Na imaxe vemos a Miguel Varela, txiki, remontando posicións na parte de carreira a pé. No sector ciclista Miguel tivo que abandonar afectado por unha amigdalite que o ten mermado. Unha mágoa pois estaba a facer unha gran remontada no sector ciclista.

agus-b-r

Tamén vimos o debú na tempada 2009 de Agustín Crespo, o león de Catasós, que fixo unha boa proba.

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: