Triatlón de Lisboa. Outro “finisher” máis no Deza.

presalida

Esta foi a película do Triatlón de Lisboa. “Starring”: Armando Piñeiro Pérez. “Also starring”: José Luis Rodríguez Jácome. No guión había 1900 metros de natación, 90 quilómetros de ciclismo e 21 quilómetros de carreira a pé.

Amaneceu na cidade da luz. Fomos a colocar todo nos boxes. Dous lalinenses alí presentes entre máis de 500 participantes de todo o mundo. O parque das naçoes foise enchendo de deportistas e público para vivir un día de deporte e espectáculo.

As oito da mañá sonou a bocina da saída e todos nos lanzamos a auga. Dúas voltas a un percorrido rectangular deixando as marcas a dereita. Logo transición e ciclismo. Os 90 quilómetros de bicicleta eran por unha autovía, case totalmente planos e coa única dificultade dun vento fortísimo que topabamos de lado, de frente e de costas. Por último 21 quilómetros de carreira a pé que foron catro voltas pola beira do río Tejo.

Armando fixo un tempo total de 4 horas, 56 minutos e 39 segundos, clasificándose no posto 168. Empregou 30 minutos e 56 segundos nos 1900 metros de natación, 2 horas e 47 minutos no sector de 90 quilómetros de  ciclismo e 1 hora e 31 minutos nos 21 quilómetros de carreira a pé. Pódese dicir que foi un excelente resultado froito dunha completa e metódica preparación. Baixar de cinco horas nunha proba deste calibre é certamente moi meritorio.

A miña actuación foi máis encamiñada a supervivencia. O reto era chegar a meta. A primeira e tremenda dificultade para min foron os 1900 metros de natación que os salvei cun tempo de 43 minutos. Na parte de bicicleta empecei a remontar posicións cun ritmo bastante bo, atopandome cómodo e disfrutando da competición. Pero cando circulaba polo quilómetro 60 unha avaría mecánica na bicicleta tívome a punto do abandono. Rompín a cadena e aquelo parecía o fin da miña carreira. Desesperado collín un desmontable que levaba para arranxar algún posible pinchazo e empregueino para recompoñer a cadena e dunha forma milagrosa logrei reparar a avaría. Desta vez a sorte púxose do meu lado. Así puiden continuar, e a pesares de perder case media hora nese incidente, logrei chegar a parte da carreira a pé, e despois de 21 quilómetros, entrei na meta cheo de satisfacción. Nin un virus que sufrín quince días antes da proba e que me tivo limitado case unha semana, nin as avarías mecánicas, nin as dificultades do percorrido puideron impedir que lograra o meu obxectivo. Xa pertenezo a categoría dos “Finisher” que está formada por todos aqueles que rematan un triatlón de longa distancia.

Así pois fixen 43 minutos na natación, 3 horas 12 no ciclismo e 1 hora 43 minutos na carreira. Rematei na posición 405.

GALERIA FOTOGRÁFICA:

– Probando as bicicletas. Partimos do Parque das Naçoes.

parque-das-nacoes-b-r

– Satisfacción despois de rematar a proba.

prueba-superada

– Lisboa, ponte Vasco da Gama

ponte-vasco-da-gama-s-b-r

– Lisboa, edificacións e área da expo 98, estación de ferrocarril e área comercial.

expo-98-lisboa

Anuncios
Deja un comentario

2 comentarios

  1. Noraboa, porque xa e ben dificil aguantar, mais ainda ter forza para ir, competir e finalizar unha proba como esa

    Responder
  2. dezarutas

     /  13 mayo 2009

    Gracias. Foi unha bonita aventura. Un saúdo.

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: