Triatlón de Riazor 2009.

duo

Hoxe estivemos correndo na Coruña. Participamos no Triatlón de Riazor, que é a primeira proba do circuito galego de triatlón. Presentamos en sociedade as nosas novas equipacións, que levan un LALIN ben grande no peito, como poderedes apreciar nas fotos.

En canto a carreira, pola miña parte, rendín como teño costume nestes triatlón sprint. A natación fáiseme moi costa arriba. Os 750 metros de nado empeceinos moi forte e estaba feliz no pelotón traseiro de nadadores. Pero logo as ondas e o cansancio fixéronme pasar unha pequena crise. Tamén nadei un pouco desorientado. A transición fíxena como mandan os cánones, e saltei sobre a bici para facer a miña pequena e habitual remontada. Na carreira a pé atopeime ben, sen alardes, por suposto. Haberá que ver os tempos para sacar conclusións. Foi un día de adestramento de calidade para o gran obxectivo deste ano, o Triatlón de Zarautz o próximo día 13 de xuño.

Armando correu tamén na proba de categorías. Segundo me comentou tamén plantexou a proba coma outro adestramento de calidade para os seus próximos obxectivos. Dende logo pasa a natación con moita soltura e os dous sectores posteriores fánselle curtos, pois adáptase mellor as probas de longa distancia.

Na carreira de élite participaron Antonio, Iván, Agustín e Victor. Antonio moi ben na auga, aguantou no grupo dianteiro o sector de ciclismo e fixo unha boa carreira a pé.

antoñito b r

Iván saliu moi ben da auga, o ciclismo e a carreira a pé tenos que adestrar máis.

ivan b r

Agustín Crespo, o león de Catasós, remontou posicións en ciclismo, ainda que foi moito tempo en solitario. Sacou a súa casta e foi a tope na bicicleta. Na carreira a pé tamén se foi defendendo.

atustin b r

Víctor sale ben na auga. Na bici veuse sin grupo e non puido pasar o tempo de corte.

victor b r

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: