Nova ruta de sendeirismo de Concellos Saudables polo val do río Seixas.

val seixas b r

Xa está todo disposto. O vindeiro domingo día 31 de maio, faremos a ruta do Seixas. Seguindo coa programación de rutas de sendeirismo da campaña Concellos Saudables, partirá esta ruta as 9,30 horas da praza da igrexa. Alí colleremos o autobús que nos levará ata o punto escollido para escomenzar a andaina, preto da cima do alto da Cruz da Grade.

Os sendeiristas iremos inicialmente por unha zona de monte con vistas panorámicas de gran beleza. Posteriormente baixaremos ata Sanguiñedo. Neste lugar comeza a ruta do Seixas propiamente dita. Os tramos ao pé deste río farán as delicias dos afeccionados as andainas. Continuaremos remontando o val ata o lugar de Seixas. Dende alí iremos ata o Navallo. Baixaremos logo ata o fondo do Barreiro, lugar onde remata o percorrido curto (11 quilómetros). Un tramo de enlace levarános ata Ponte Noufe. Continuaremos pola Vía da Prata ata a Xesta, final do tramo de dificultade media (16 quilómetros). Por último os máis intrépidos continuaremos ata Lalín, completando arredor de 22 quilómetros.

Está aberta a inscripción nas oficinas do Pavillón de deportes de Lalín, sendo esta gratuita. Despois de repasar todos os tramos, teño que dicir que a ruta está certamente bonita. Espero que vos animedes.

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: