Tripachanga 2009, primeiro acto.

inicio post br

Hoxe foi a Tripachanga 2009. Dado que estivo pouco concurrida, únicamente catro triatletas, é de supoñer que faremos algunha outra máis este ano.

Algún vos preguntaredes qué é a Tripachanga. Pois a idea foi argallada para a despedida de solteiro dun triatleta. Non saiu ningunha moza espida dunha tarta. Simplemente organizamos un triatlón cachondo entre os do equipo. Agora é unha forma de disfrutar competindo entre nós en plan divertido para adestrar nalgún fin de semana que non hai competición oficial.

O percorrido consiste en sair de Lalín en bici, quecendo ata o encoro de Protodemouros, ata a explanada onde atraca o ferri. Alí poñemos os boxes e deixamos as bicis. Vestimos o neopreno e empeza o triatlón. Nadamos no encoro un pequeno treito, non debe chegar aos 500 metros. Logo montamos en bici e imos ata Lalín, suman 35 quilómetros. Finalmente calzamos as zapatillas e corremos polo paseo pontiñas uns oito quilómetros.

Fotos de hoxe:

1. Briefing flotante

briefing flotante br

2. Saída neutralizada cara a outra beira do encoro, provincia de A Coruña.

viaxe de ida quecemento b r

3. Xa en carreira, finalizando o sector de natación.

natacion chegando 2 b r

Esta foto merece un pequeno comentario. Vése en primeiro plano a Armando que vai en cabeza da proba. Agustín ven detrás. Pero, ese punto blanco que se ve ao fondo, ¿será Mundi a punto de afogar coma sempre?, e nese caso onde está Victor que levaba un gorro amarelo. En fin, misterios do triatlón.

4. No sector de ciclismo, Mundi alcanza a Victor.

alcanzando a victor b r

5. Mundi rebasa a Victor. Teño que recoñecer que me deixaron algo de ventaxa na natación e que Victor hoxe non tiña bo día, senón non son quen de alcanzalo nin tolo.

rebasando a victor br

6. Armando rematando a subida do embarcadoiro.

fin subida embarcadoiro armando b r

7. Mundi no mesmo punto.

fin da subida do embarcadoiro br

8. Victor finalizando a subida, que se fai tremendamente dura.

victor fin subida embarcadoiro b r

9. Armando subindo cara a cruces e Mundi ao fondo.

aproximacion a Armando br

10. Resumindo…

Agustín chegou primeiro. Mundi chegou segundo moi preto de Agustín, que sufriu calambres debidos a deshidratación pola forte calor do día. Terceiro chegou Armando, que xa adestrara pola mañá e tampouco forzou. Cuarto chegou Victor.

Despois de esta… creo que xa non me van a deixar nin un milímetro de ventaxa na natación…

Haberá que repetir, con todos os galos en liza. ¿Ou qué?

(Edición 2008)

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: