Máis de cen persoas percorren a ruta do Seixas organizada por Concellos Saudables.

polo prado br

Seguindo coa programación prevista, e na liña de fomentar a actividade física en contacto co medio natural, Concellos saudables celebrou hoxe 31 de maio, a ruta do Seixas.

Máis de cen persoas participaron nesta actividade, nun día espléndido de sol, que disfrutaron das fermosas paisaxes que ofreceu o percorrido. Primeiramente os camiños levaron aos participantes polo monte da Cruz da Grade en dirección a Sanguiñedo, con fermosas vistas panorámicas. Despois, tramos de senda estreita ao pé do río Seixas, a sobra das árbores de ribeira, con fermosas vistas do val que lucía todo o seu esplendor baixo o sol primaveral.

A andaina foi polo lugar de Seixas e dende alí ata o Navallo. Tramos de sendeiro a sombra ata a cima do Navallo luciron certamente fermosos ao paso dos camiñantes. Do Navallo descendeuse ata o final do sector de dificultade baixa que tivo 12 quilómetros de percorrido.

Posteriormente, escomezou o nivel de dificultade media que levou aos participantes ata a Ponte Noufe, e dende alí, seguindo a Vía da Prata por un tramo espectacular a sobra das árbores, chegouse a Xesta. Nese punto rematou o nivel medio que tiña catro quilómetros máis.

Finalmente os máis intrépidos, continuaron ata Lalín, sumando un total de 22 quilómetros de andaina.

Fotos da ruta:

1. Partida.

inicio ruta seixas b r

2. Remontando o val

remontando o val b r

3.Por prados e fochancas.

polo prado br

4.Indo cara o Navallo.

indo cara o navallo b r

5.O Navallo. Buscando a sombra.

no navallo b r

6.Subindo cara a Xesta.

subindo pola via da prata b r

7.A Xesta.

a xesta

Ruta do Seixas.

Anuncios
Entrada siguiente
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: