Concellos saudables de ruta por Grovas e San Bieito do Candán.

grupo pozo verde b r

Dentro do programa desenvolvido por Concellos Saudables, no apartado de rutas de sendeirismo, “descubrindo”, hoxe tivo lugar a andaina por Grovas e San Bieito do Candán. Sesenta persoas participaron nesta actividade e disfrutaron da paisaxe espectacular que ofrece esta zona dos montes do Testeiro incluída na rede natura. Os participantes quedaron fascinados pola beleza do entorno no que se realizou esta ruta e disfrutaron das formidables vistas panorámicas que ofrece este itinerario.

A mañá cedo, na praza da igrexa de Lalín, un autobús recolleu aos camiñantes e trasladounos ata Vilatuxe, concretamente a praia fluvial chamada “Pozo do boi”. Alí escomenzou a ruta a pé. Primeiramente os camiños foron polo lugar de Coelleira e a ruta atravesou o rego do Candán. Dende alí ascendeuse ata Bustelos, quilómetro oito do percorrido. Neste punto incorporáronse a andaina os participantes vidos do programa de Concellos Saudables de Caldas, Cuntis e Moraña. Todos xuntos partiron a segunda parte do percorrido, realmente espectacular, que levou aos camiñantes ata a aldea de Grovas, no corazón da Serra do Candán.

É certamente singular este lugar, Grovas, abandonado dende hai máis de coarenta anos, de difícil acceso, ao que os sendeiristas chegamos por un camiño estreito, pendurado da ladeira do monte. Tamén visitamos o chamado pozo verde que forma o río Grovas, nun remanso de augas cristalinas, cunha pequena fervenza.

Dende Grovas os camiñantes subiron ata o alto de San Bieito do Candán. A forte subida era compensada con vistas panorámicas de toda a Serra do Testeiro, e xa na cima, de toda a comarca do Deza.

Foron en total 17 quilómetros de percorrido. A organización ofreceu ademáis a posibilidade de facer únicamente a primeira metade –oito kilómetros- ou únicamente a segunda parte –nove quilómetros-, e ademáis ofreceu unha alternativa máis curta de esta última parte de seis quilómetros de lonxitude. Contouse ademáis coa colaboración de Protección Civil que estivo pendiente do desenvolvimento da ruta para atender calquera posible continxencia.

En definitiva, unha ruta espectacular para pechar a tempada de rutas de sendeirismo. Foron sete andainas que mostraron o altísimo potencial que ten Lalín en materia de turismo verde: Carballeiras de Catasós, a Ruta dos Pazos e Ponte Taboada, a Ruta a Mouriscade e o Museo da Paisaxe, o Camiño de Inverno, a Ruta do río Seixas, a Ruta da Serra do Faro e finalmente esta ruta a Grovas e San Bieito do Candán. Xa se está pensando na continuidade destas rutas pois afortunadamente Lalín da para moito máis.

Foto 1: Bustelos, capela de San Bartolomeu.

bustelos b r

Foto 2: Sendeiro cara a Grovas

empezando o carreiro b r

Foto 3: Camiño de lousas cara a Grovas:

carreiro grovas b r

Foto 4: Grovas, “centro urbano”.

grovas citi b r

Foto 5: Grovas, pozo verde.

grupo pozo verde b r

Foto 6: Subindo cara o Candán,vista da Serra do Testeiro.

vista b r

Anuncios
Deja un comentario

2 comentarios

  1. antonio

     /  6 agosto 2009

    VIVA CONCELLOS SAUDABLES DE LALIN-RODEIRO TEMOS A SORTE DE TER OS MELLORES TENICOS DE GALICIA,UNHA APERTA PARA VANESA E CARLOS.

    Responder
    • SARAY

       /  29 diciembre 2009

      Felicidades al concello de Lalin por tener dos técnicos tan preparados como Vanessa y Carlos ,nos gustaría que fueran los coordinadores de nuestro concello…………..VIVA CONCELLOS SAUDABLES DE LALIN(Hay que saber reconocer el gran trabajo que hacen estas 2 personas) UN BESO ENORME PARA LOS 2.
      SARAY

      Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: