OS TRIATLETAS DO CLUB TRIATLÓN LALÍN INTENSIFICAN OS SEUS ADESTRAMENTOS DE CARA AS PROBAS DE FINAL DE TEMPADA.

equipo br

Os integrantes da plantilla do Club Triatlón Lalín afinan a súa posta a punto de cara a obter o máximo rendemento nas competicións que restan ata o final da tempada 2009.

O próximo sábado día 22 de agosto o Club Triatlón Lalín desplazará ao Triatlón Vila de Allariz aos seguintes triatletas: Miguel Varela, Armando Piñeiro, Antonio e Iván González Datorre, Jose Luis Rodríguez Jácome, Emilio Ferreiro, Victor Soto e Agustín Crespo.

Xa na primeira semana de setembro Antonio González Datorre competirá na final do campeonato galego de Triatlón que se celebrará en Lugo.

Igualmente en setembro o Club Triatlón Lalín desplazará algúns dos seus efectivos ao Triatlón de Sanabria, proba de distancia dobre olímpica con 3 quilómetros de natación, 90 de ciclismo e 20 de carreira a pé.

Tamén en setembro, o Club Triatlón Lalín estará na final do campeonato de España de Triatlón. Na proba absoluta correrá Antonio González Datorre que competirá polo título de campeón de España entre os mellores triatletas do estado. Tamén están clasificados en grupos de idade Armando Piñeiro, Victor Soto, Agustín Crespo, Iván González Datorre e Miguel Varela.

E finalmente, Armando Piñeiro, intentará o máximo desafío que existe no mundo do triatlón, participando no Iron Man de Barcelona.

Con todo este programa, e despois de ter participado con éxito en probas coma o Triatlón de Lisboa, Triatlón de Zarautz e Jabalí Man espérase firmar unha tempada verdadeiramente espectacular no que se refire a participación en probas do máximo nivel tanto de carácter autonómico, estatal e incluso internacional.

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: