Triatlón de Allariz 2009. Gran actuación dos dezanos.

natacion 1 br

Este sábado pasado día 22 de agosto, as 18 horas, douse a saída ao Triatlón de Allariz. Esta proba é xa unha clásica no calendario galego. Nesta edición recuperouse a estructura habitual e o sector de ciclismo foi en estrada e non en bicicleta todo terreo.

A actuación dos dezanos que participamos alí foi moi destacable. Javier Nercellas quedou en terceira posición e Emilio Montilla rematou cuarto, pero de non ser por un erro de sinalización da organización moi ben podería ter gañado a carreira.

Os integrantes do Club Triatlón Lalín rematamos quintos por equipos. Miguel Varela rematou o 18º facendo unha boa competición a pesar de estar algo mermado na parte de carreira a pé. Agustín Crespo fixo o posto 21º demostrando manter aínda un bo estado de forma tras participar na proba Jabalí Man en Aranda de Duero. Antonio González Datorre terminou 23º e vai a máis pouco a pouco para estar a tope no Campeonato de España. Victor Soto fixo 26º facendo boa natación e bici baixando algo na parte de carreira. Armando Piñeiro rematou o 41º facendo outro adestramento de cara ao seu obxectivo de rematar en outubro un “Iron man”. Jose Luis Rodríguez, Mundi, tras unha mala natación remontou ata o posto 59. Emilio Ferreiro que segue mellorando no triatlón rematou o 71.

Analizando detenidamente a miña actuación, teño que dicir que fixen unha natación desastrosa, unha bici aceptable e unha carreira a pé decentiña e pouco máis. Está claro que nadando así non podo facer nada nun triatlón sprint.

nadoyo br

As miñas melloras técnicas na piscina non se viron reflexadas na carreira, e, os problemas de orientación, a dificultade de nadar en grupo e as gafas de natación as que non me adapto afundíronme na clasificación. Moitísimo me queda por aprender.

fin bici br

Na bici a miña remontada espectacular, pero claro, as posicións que gaño son as dos que peor van na bici. Para ir totalmente en solitario, sen grupo para rodar, a miña actuación na parte ciclista está bastante ben. Lástima saír da auga tan afundido.

Na carreira a pé fixen un ritmo de 4 minutos o quilómetro. Para o pouco que estou correndo está ben, pero claro, hai que mellorar.

Teño que continuar traballando porque podo conseguir adaptarme ao triatlón.

Anuncios
Deja un comentario

1 comentario

  1. Raul

     /  27 agosto 2009

    Y nada en la crónica de la presencia “masiva” de socios del club??
    ….y 3 fotos a 30 euros por foto (derechos de autor)… 😉

    Saludos

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: